O químico Juan Lema e o matemático Juan José Nieto ingresan na Real Academia Galega de Ciencias

Os profesores Juan Lema Rodicio e Juan José Nieto Roig incorporaranse ao longo de 2016 como académicos á Real Academia Galega de Ciencias. Catedrático de Enxeñaría Química, Juan Lema licenciouse en Ciencias Químicas da USC en 1971 para logo obter o grao de doutor en Ciencias na mesma universidade, á que se incorpora definitivamente en 1986 procedente da Autónoma de Barcelona. No ámbito da investigación foi pioneiro e está considerado unha referencia mundial na área da biotecnoloxía ambiental, principalmente na degradación anaerobia de contaminantes. O seu traballo aválano as 52 teses doutorais dirixidas, numerosos proxectos de investigación nos que participa e lidera, varios contratos con empresas e máis de 300 artigos publicados en revistas de alto impacto científico.

Na área de xestión académica desempeñou un papel preponderante na concepción e concreción da carreira de Enxeñaría Química en España e foi promotor e primeiro presidente da Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñaría Química. Profesor do Departamento de Enxeñaría Química, que tamén dirixiu, exerceu os cargos de director do Centro de Transferencia Tecnolóxica e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).

Publicidade

O profesor Juan José Nieto Roig é catedrático de Análise Matemática e coordinador do grupo de investigación de Ecuacións Diferenciais non Lineais. Coordinou ou participou en máis de vinte proxectos de ámbito europeo, nacional e autonómico e é autor ou coautor de máis de 300 artigos de investigación publicados en revistas internacionais. Ademais figura na listaxe dos científicos altamente citados no eido das Matemáticas que elabora Thomson Reuters, nas edicións de 2014 e 2015.

A súa investigación céntrase principalmente no estudo das ecuacións diferenciais e as súas aplicacións.  Na actualidade é editor do Journal of Mathematical Analysis and Applications e doInternational Journal of Biomathematics.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

Matemáticos de Santiago e Lausana resolven un problema de xeometría aberto dende hai 60 anos

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias