Dani Caxete, o fotógrafo galego da NASA

A curiosidade polo ceo naceu apoiado na porta da casa, na Mariña lucense. O seu avó ensinoulle a identificar a estrela Polar e a comprender as magnitudes dos elementos do ceo, a pensar que a Lúa traza o seu percorrido con más velocidade que “un coche con mil tubos de escape”.

A foto de Dani Caxete premiada pola súa imaxe do ceo nocturno dende Loiba.
A foto de Dani Caxete premiada pola súa imaxe do ceo nocturno dende Loiba.

Non  moi lonxe de alí moitos anos despois, Daniel Caxete, lucense afincado en Madrid especializado en astrofotografía e paisaxe astronómica, faría unha das fotografías da Vía Láctea que chamaría a atención no mundo enteiro ao ser elexida no proxecto The World at Night, que recopila os mellores ceos estrelados do mundo. Logo convertiuse nun viral que puxo a Galicia como noticia e punto de referencia para o turismo. Un banco asomado aos cantís de Loiba, preto de Ortigueira, nunha escena nocturna deslumbrante.

Publicidade

Aínda que as costas da Mariña son protagonistas nas súas imaxes nocturnas, as dúas zonas recoñecidas de Galicia para ver as estrelas, que se denominan destino Starlight, son Pena Trevinca e as Illas Atlánticas. “Poderían ser moitas máis se a iluminación das zonas urbanas tivera un mellor replantexamento, o que implicaría un aforro enerxético e monetario considerable”, reivindica. “Non estou a falar de andar ás escuras, senón dunha lexislación coma a de Canarias para iluminar correctamente”. Son as illas, “onde hai un dos mellores ceos do mundo” o exemplo que debemos seguir, indica, xa que na Península hai “cada vez menos puntos alonxados das cidades onde aínda se pode disfrutar do dereito a poder ver o ceo”.

Caxete sae á caza das imaxes máis impactantes “ás veces rozando a obsesión”

Lonxe quedan os anos nos que Caxete comezaba a experimentar coa fotografía do satélite cun pequeño telescopio e película en branco e negro. “Cando había permiso paterno non dubidaba en irme de acampada na compaña dun bo amigo para pasarnos horas mirando ao ceo. Ao máis que chegaba, era a facer unha larga exposición de varios minutos, para captar o trazo do movemento estelar”, recorda. O avance dixital, con novos sensores “que captan luz onde o ollo humano non pode chegar” e a democratización da información astronómica puxeronno de novo á caza e captura das imaxes máis impactantes e artísticas do ceo, “ás veces rozando a obsesión”, admite. A última das súas fotos, unha lúa xigante sobre a serra de Madrid, foi sacada cun telescopio con adaptador apoiado directamente no quitamedos da estrada porque esqueceu o trípode na casa.

A súa actividade profesional tira cara a pintura porque é consciente de que “facer de isto unha profesión é imposible”. “Pero tamén resulta moi curioso que campañas profesionais acaben por imitar algunha das tuas ideas. Son moitos os esforzos, tanto a nivel físico como monetario, que fago para poder conseguir moitas destas fotos. E é difícil que se vexan recompensados salvo pola satisfacción persoal do traballo ben feito e algúns recoñecementos en países extranxeiros”, explica. A fotografía do banco de Loiba, por exemplo, non lle deixou ningún beneficio “nin para pagar o gasoil até alí” pese a que se converteu en viral e “que toda España e parte do mundo coñeceu os fermosos acantilados de Ortigueira e se utilizaría en posteriores campañas, vídeos e noticias varias”, explica.

Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete
Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete

Detrás de cada unha das súas tomas do ceo hai moitísimo traballo. Comeza cun rexistro do ceo nocturno que pode iniciarse “con meses de antelación” para ter as referencias estelares sobre a paisaxe. Isto axúdalle a buscar nun planisferio virtual, un stellarium, por onde sairá a lúa. “Sigo sendo moi romántico neste aspecto e non utilizo as aplicacións para móbiles que che dan in situ todas estas efemérides. Así cometo moitas equivocacións que se compensan cunha gran aprendizaxe”, indica. E con todo, moitas veces os cálculos non valen para nada e “tes que seguir insistindo, mes a mes, ate que a posición da lúa sexa propicia ou o ceo estea despexado”, pese a que algunhas localizacións requiran longos desprazamenos “moitas veces incompatibles con outros compromisos laborais ou persoais”.

Xa son catro fotos as escollidas pola Nasa e dous anos consecutivos adornando un mes do seu calendario xuntos con catro finais nos Astrophotographer of the Year que organiza o Royal Observatory of Greenwich en Reino Unido algo que lle dá a entender que “todo o esforzo vale para algo e que vas polo bo camiño” pero cando baixas á terra, di, “a realidade non deixa de ser a que hai”.

Dani Caxete

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA anuncia que haberá mais tormentas xeomagnéticas coa chegada do máximo solar

O cambio de ciclo do Sol, producido cada 11 anos, afecta á frecuencia e intensidade dos distintos fenómenos que acontecen na estrela: de que xeito inflúe isto na Terra?

A NASA xa ten resposta para as sorprendentes “arañas” que cobren a superficie de Marte

Investigadores estadounidense recrean nun laboratorio o proceso que dá lugar ás estrañas formas captadas polos satélites no planeta vermello

A visualización da NASA que alerta do quecemento global: “O peor está por chegar”

A axencia espacial estadounidense advirte que a última década foi a máis cálida dende que hai rexistros

Cantos meteoritos impactaron contra a Terra? Descúbreo neste mapa interactivo

A ferramenta da NASA recompila a información recollida polos seus sensores dende 1988 e actualízase periodicamente