A tecnolóxica viguesa Optare, seleccionada para desenvolver o 5G en Europa

A firma viguesa Optare Solutions participará no proxecto Sonata, da Unión Europea, para implementar os servizos de telecomunicacións 5G, con máis velocidade e prestacións que o actual 4G.

Luis Alves, xerente da Optare Solutions, saliente que son a única peme española que participa no proxecto, despois de gañar un concurso público da Unión Europea. Comezarán a desenvolver o seu traballo nas vindeiras semanas, despois de reunirse en Alemaña coas compañías colaboradoras. Este consorcio internacional está formado por multinacionais da talla de Telefónica, British Telecom, Alcatel ou Atos.

Publicidade

Optare solutions

A tecnoloxía 5G facilitará as comunicacións entre persoas e a conexión entre os dispositivos. Tamén reducirá os tempos de espera. Prevese, por exemplo, que se multiplique por mil a capacidade das redes inalámbricas actuais. O consorcio que traballa no proxecto Sonata ten catro anos para desenvolver unha plataforma de demostración que sirva de base para implantar esta tecnoloxía en Europa a partir do ano 2021.

As implicacións deste proxecto son moi importantes a nivel global, apunta o xerente nunha entrevista na Voz de Galicia. Optare colaborará de preto na creación dos novos estándares para este tipo de telecomunicacións. Isto significa que calquera empresa que se desenvolva unha tecnoloxía 5G a posteriori deberá seguir o modelo marcado polas empresas do consorcio.

Publicidade

Optare Solutions é unha consultoría tecnoloxía fundada no ano 2008. O último informe Ardán recolle unha facturación de máis de tres millóns de euros. Ten 64 empregados en España e 6 na súa filial Mexicana. A maior parte deles son enxeñeiros de menos de 30 anos. O crecemento da compañía nos últimos anos levoulles a instalarse tamén en Madrid. Entre os seus clientes están IBM, Vodafone, R, Tele2, Ono ou Jazztel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

atlanTTic impulsa unha rede experimental única de referencia internacional en 5G e 6G

O centro da UVigo desprega no campus de Lagoas-Marcosende unha infraestrutura avanzada para validar comunicacións móbiles de nova xeración en contornas reais

Europa amplía o número de especies afectadas pola covid das plantas que ameaza Galicia

Un informe cifra en 728 os vexetais susceptibles á 'Xylella fastidiosa', unha bacteria que causa enfermidade grave e incluso a morte nalgúns cultivos clave para a economía comunitaria

Confirmados os dous primeiros casos de peste porcina africana en España dende 1994

Os positivos foron detectados en xabarís achados mortos, o 26 de novembro, en Bellaterra (Barcelona) e notificados polos servizos veterinarios oficiais de Cataluña

O palangre de pedra-bóla: a técnica ‘galega’ que reclama unha excepción ante Bruxelas

A pesca de fondo que se usa habitualmente coa pescada ten un baixo impacto nos fondos mariños, segundo un informe do Instituto Español de Oceanografía