O proxecto Spin Up lanza un concurso para fomentar a innovación empresarial

O certame, dirixido á comunidade universitaria, impulsará as propostas que acheguen solución ás necesidades industriais na área de Santiago

O proxecto Spin UP, liderado pola incubadora da Universidade de Santiago de Compostela (Uninova), pon en marcha un concurso de ideas e proxectos co que se pretende identificar as necesidades de innovación e dar resposta aos retos que existen tanto no sector industrial como no ámbito da investigación. A iniciativa ten por obxecto estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e coñecemento, mediante o encontro das necesidades do tecido produtivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento. 

O certame busca propostas emprendedoras que acheguen solucións ás necesidades actuais da industria na área de Santiago de Compostela nos eidos da industria agroalimentaria e a saúde-envellecemento activo pero tamén terán cabida as propostas relacionadas coa industria de transformación 4.0 así como a industria creativa, as TIC ou o Turismo.

Publicidade

A finalidade do concurso é a creación de empresas a partir da transferencia de tecnoloxía e coñecemento, achegando solucións a posibles retos existentes na industria. As ideas que cumpran cos requisitos recibirán apoio na análise previa da viabilidade técnica e económica, así como asesoramento para a preparación da presentación, que amosarán ao comité avaliador do concurso, encargado de seleccionar aquelas que pasan á segunda fase

Nesta seguinte fase, que consiste no proceso de aceleración para a creación de empresas, as iniciativas contarán cun consultor empresarial, un titor e un mentor, para asesoramento, coordinación, apoio, elaboración de modelo de negocio e outras situacións que poidan xurdir no desenvolvemento da iniciativa. Tamén recibirán asesoramento en materia de propiedade intelectual e industrial e acompañamento a foros de investimento.

Publicidade

https://twitter.com/ProjectSpinup/status/1280075591237189634

O concurso está dirixido á comunidade universitaria de Galicia. Ademais, poden participar persoas interesadas en colaborar, mediante os seus coñecementos ou experiencia, no desenvolvemento dos proxectos seleccionados. Neste caso, deberán completar o formulario que aparece na web.

O prazo para presentar as ideas estará aberto ata o próximo 30 de setembro.

O proxecto Spin Up está co-financiado pola Unión Europea a través dos fondos FEDER e é de carácter transfronteirizo, o que salienta a finalidade de crear empresas e fomentar a colaboración entre Núcleos Locais de Transferencia (colaboración entre a Universidade, a Empresa e a administración para a creación de SpinOffs e StartUps) na área de Santiago e na área de Porto/Norte de Portugal.


As bases do concurso de Spin Up poden consultarse nesta ligazón (PDF).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lipoproteína (a): que sabemos sobre a nova esperanza cardiovascular e o seu anunciado fracaso

Este verán completouse o primeiro ensaio clínico cun dos fármacos en investigación e, en contra do esperado, la farmacéutica Novartis comunicou que non tivera éxito

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional