Captan un parhelio: dous soles na ría de Vigo

O fenómeno óptico do Sol múltiple está asociado a nubes de tipo cirro con cristais de xeo

Dous soles sorprenderon este xoves no ceo da ría de Vigo pouco antes do solpor. O fenómeno coñecido como parhelio (ou parahelio) é un efecto óptico asociado coa reflexión e a refracción da luz, moi semellante aos halos.

A aparición dun segundo Sol situado a uns 22 graos á esquerda ou á dereita do real consiste nunha mancha luminosa no ceo. Ás veces, o parhelio semellan tres soles, cos dous falsos un a cada lado do orixinal.

Publicidade

O efecto óptico do segundo sol captado onte en Vigo. Foto: Susana González.

Este fenómeno óptico adoita acontecer en condicións atmosféricas estables, cando hai nubes de tipo cirro con gran cantidade de partículas de xeo. Aínda que os parhelios máis comúns só duran algúns minutos, o de onte na ría de Vigo, captado pouco antes das nove da noite, mantívose visible durante máis de media hora.

Outro fenómeno similar son os paraselenes, que se producen coa Lúa, cando semellan aparecer outras dúas a cada lado da orixinal.

Publicidade

Paraselenes en Alasca

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo proxecto científico busca recuperar a comercialización da volandeira na ría de Vigo

O estudo VOLARIA do IEO-CSIC investigará as causas biolóxicas e ambientais da acumulación de elevados niveis de chumbo no bivalvo

Un estudo revela o impacto dos grandes plásticos nos bancos de mexillón da ría de Vigo

As bolsas comerciais e as sedelas de pesca poden modificar procesos fisiolóxicos clave e a estabilidade estrutural do molusco

Aceite de palma na ría: calma oficial, ciencia ausente

O investigador do IIM-CSIC Antonio Figueras advirte do impacto físico e biolóxico do produto no ecosistema mariño

Catro flamengos aterran na ría de Vigo

As aves elixiron as Salinas do Ulló (Vilaboa) para beber auga, sen saber que estaban a ser fotografadas