Unha tese doutoral presentada onte na Universidade da Coruña e asinada pola paleontóloga Ana García revela que as poboacións modernas de oso pardo do Courel e de Asturias non descenden xeneticamente dos que habitaron a mesma zona no Pleistoceno e logo da última glaciación. Así o indican investigacións que nos últimos anos fan pensar que o ADN mitocondrial dos osos prehistóricos galegos e asturianos desapareceu. Aínda que é posible que nalgunha parte queden descendentes vivos destes animais, polo momento non se deu con eles e todo apunta a que estas poboacións antigas, moi similares aos grizzlies norteamericanos, se extinguiron na etapa máis fría da última glaciación.
Os osos modernos da área cantábrica tampouco proceden das migracións procedentes da actual Francia, que colonizaron a zona logo da glaciación e desapareceron pola presión humana e a caza. As poboacións actuais son posiblemente descendentes de recolonizacións de animais procedentes de Portugal, conclúe o estudo.
Máis información no seguinte enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2015/12/15/osos-prehistoricos-courel-antepasados/0003_201512L15C8991.htm
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












