A cuarta sesión das Nerdnites deste curso terá lugar este mércores 16 ás 21.30 horas no Centro Galego de Arte Contemporáneo.
Nesta ocasión, a mestra Alba Alonso Feijoo explicará qué foi o que aconteceu cando Anxo lle pediu a Barbie aos reis magos, mentres que o coordinador de predición de MeteoGalicia Juan José Taboada Hidalgo, achegará algunhas claves para entender a estraña climatoloxía que estamos a vivir nesta tempada. Por último, o investigador do Incipit César Parcero Oubiña intervirá con ‘Sinais do pasado. Enigmáticas marcas arqueolóxicas na paisaxe… ou non tanto’.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK