O observatorio de Santiago confirma os meses de xullo e agosto como os máis secos en 35 anos

O bimestre xullo-agosto que acaba de rematar foi o máis seco na contorna de Compostela dos últimos 35 anos segundo os datos recabados polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) que dirixe o profesor José Ángel Docobo.

O Observatorio universitario ten que remitirse ao ano 1981 para atopar unha medición inferior á deste ano, que foi en total de 13,8 litros por metro cadrado (1,2 no único día que choveu en xullo e 12,6 litros dos sete de agosto). Naquel bimestre estival o seu pluviómetro rexistrara precipitación cero.

Publicidade

Docobo lembra ademais os anos 1969 (3,1 l/m2 nese bimestre) e 1978 (8,2 l/m2), ano este último no que a seca se estendera tamén aos meses de xuño e setembro. Xa máis recentemente son salientables as baixas precipitacións no bimestre estudado dos anos 2010 (25,2 l/m2) e 2002 (27,2 /m2).

Polo que respecta a insolación, tamén os meses de xullo e agosto deste anos resultan ser os máis soleados deste comezo de século. “Entre os dous suman un total de 653 horas, cando a media das horas medidas polos heliógrafos do OARMA no conxunto destes dous meses é de 500 horas”.

Publicidade

Non hai que remontarse a moi lonxe para atopar o ano que rexistrou maiores precipitacións. Foi en 2004 cando a choiva caída en Compostela estivo a piques de chegar aos 300 l/m2. O ano 1971 foi tamén moi chuvioso (276,8 l/m2); e séguelle 1983 (132 l/m2), co bimestre estival co maior número de días con precipitación: 45 dos 62.

No que vai de 2016 rexistráronse na capital de Galicia 1450 litros/m2, a meirande parte deles (1400) entre xaneiro e maio. A media anual dos últimos 30 anos sitúase en 1840 l/m2.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”

A camelia consolídase como emblema galego nunha nova mostra en Santiago

O evento levarase a cabo entre o 2 e 4 de abril con acceso libre, ofrecendo máis de 200 variedades da flor e instalacións audiovisuais

Cando a luz é máis que arte: iluminar para conservar o patrimonio de Santiago

Un estudo da USC confirma a eficacia dun novo sistema de iluminación ornamental, en cores ámbar e verde, para a conservación da arquitectura en pedra

O inverno boreal comeza este domingo: a estación máis curta do hemisferio norte

O 21 de decembro, ás 16:03 horas, comezará o solsticio, nunha xornada con pouco máis de nove horas de luz solar na latitude galega