Un grupo de científicos vigueses pon rumbo ao Ártico para estudar o fletán negro

Un grupo de científicos do Programa de Pesquerías Afastadas do Centro Oceanográfico de Vigo, pertencente ao Instituto Español de Oceanografía (IEO), comezarán o luns 5 de setembro unha campaña de prospección pesqueira no Ártico nororiental. O obxectivo é determinar a abundancia, biomasa e estrutura da poboación do fletán negro (Reinhardtius hippoglossoides), así como mellorar o coñecemento da bioloxía desta especie.

A zona de Svalbard ten unha gran importancia para a pesca española de gran altura

Esta expedición será a número dezaoito dunha serie iniciada polo IEO no ano 1997, e que se enmarca no proxecto Ecopesle-2, liderado polo investigador Pablo Durán Muñoz, do centro vigués. Deste xeito, a continuación do traballo permitirá unha maior utilidade dos índices obtidos ata o de agora. A zona de protección pesqueira onde se vai desenvolver o traballo, denominada Svalbard, pola súa proximidade ao arquipélago danés do mesmo nome, ten un grande interese para a flota española de gran altura. Por este motivo, a campaña está financiada por unha armadora que aporta un dos seus buques, o Eirado do Costal, ao bordo do cal traballarán os científicos. É de subliñar que nos últimos anos, os índices amosan unha tendencia positiva na biomasa do fletán, o que supón unha boa noticia para a flota conxeladora.

Publicidade

A campaña vaise desenvolver entre o 5 e  25 de setembro. No barco viaxarán un grupo de traballo de seis persoas que investigarán os caladoiros profundos do noiro occidental das Svalbard. Levaranse a cabo pescas de arrastre de fondo, sempre supeditadas ás cotas científicas establecidas polas autoridades norueguesas. A presenza dos científicos galegos supón que se vai manter activa a investigación pesqueira española nesta zona de protección. Como en ocasións anteriores, os traballos presentaranse ao grupo de traballo sobre pesca ártica do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo modelo conceptual revela a elevada complexidade da dinámica do fitoplancto nas Rías Baixas

Un equipo do IEO-CSIC e da UVigo propón un enfoque por capas que evidencia a influencia dos afloramentos na organización das comunidades microscópicas

Unha guerra por un peixe: 30 anos do maior conflito pesqueiro de Galicia

Canadá disparou contra o buque 'Estai' en augas internacionais e detivo o seu capitán, o que causou un enfrontamento co Goberno español

O avance industrial deixa pegada ata nos fondos mariños máis profundos e afastados da costa

Unha investigación con participación galega detecta variacións nos leitos das zonas máis profundas dos océanos

Antibióticos e cremas solares acumúlanse no mar: “Descoñecemos o seu impacto”

Científicos recompilan nun libro as substancias emerxentes no medio mariño, unha materia da que existe pouca información