O MUNCYT da Coruña acolle unha mostra dos mellores traballos de ilustración científica

O MUNCYT da Coruña acolle unha mostra dos mellores traballos de ilustración científica

A sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía acolle ata o 30 de decembro de 2015, a exposición ‘Ilustraciencia’, que amosa as 40 ilustracións seleccionadas na terceira edición do certame internacional de ilustración científica do mesmo nome. Ilustraciencia está organizado pola Asociación Catalá de Comunicación Científica (ACCC) e conta coa participación da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), a través da súa Convocatoria de Axudas para o fomento da cultura científica e da innovación. O pasado mes de xuño falláronse os gañadores e anunciáronse estas 40 ilustracións como as seleccionadas para constituír a exposición itinerante que será acollida por diversas cidades españolas e que formarán parte do catálogo virtual.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España