O “imposto ao Sol”, a debate en Lugo
As trabas e as oportunidades que depara o autoconsumo eléctrico centrará este mércores 28 de outubro a partir das 20.00 horas unha nova sesión dos Encontros de Lúa Chea. A entrada é libre e gratuíta para todas as persoas interesadas e o encontro terá lugar cafetería da residencia universitaria Jesús Bal y Gay de Lugo,
O profesor de Electrotecnia da Universidade de Santiago na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, Miguel Á. González García, e Adrián Dios Vicente, investigador da USC que estuda a evolución do sistema eléctrico, serán os dous relatores convidados a participar nesta nova sesión dos Encontros de Lúa Chea, un ciclo de debate informal promovido polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e a través do que se busca recuperar o encontro físico como ferramenta básica para a comunicación e debate fronte ás tendencias de comunicación virtual e redes sociais.
Máis información no seguinte enlace:












