Debate sobre micromachismos nos encontros de Lúa Chea do Campus Terra

Os Encontros de Lúa Chea, un programa de encontros informais organizados polo colectivo Proxéctate en Galego para divulgar contidos académicos transversais de interese xeral ou de actualidade universitaria, tratarán este martes 6 de marzo, na cafetería da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC a temática dos ‘micromachismos’.

A sesión, de acceso libre e de balde para todo o público interesados, desenvolverase a partir das 19.30 horas baixo o título ‘Micromachismos: de “micro” nada’. A profesora da área de Antropoloxía Social da USC no campus de Lugo Elena Freire Paz situará a temática da sesión, ao tempo que presentará á súa colega docente e gañadora da última edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero da USC na modalidade de investigación, Guadalupe Jiménez-Esquinas, quen afondará sobre esta temática.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo da USC evidencia a xenética “singular e diferenciada” do can de palleiro respecto doutras razas

A análise do ADN revela unha elevada diversidade, moderada consanguinidade e marcadores que permiten reforzar a súa conservación

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva