Vigo acolle o V Encontro Internacional de xóvenes emprendedores

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acollerá os vindeiros días 22 e 23 de marzo a quinta edición do Encontro Internacional de Xoves Emprendedores (EIXE). O evento, organizado polas tres galegas e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a Universidade Católica Portuguesa, está dirixido principalmente a estudantes e graduados destas institucións que queiran apostar por novas ideas de negocio.

No marco do encontro celebrarase, como en anos anteriores, os participantes presentarán os seus proxectos empresariais dentro dun contexto de colaboración internacional. Un xurado seleccionará as ideas finalistas e, posteriormente, o gañador.

Publicidade

Alén deste certame, celebraranse charlas e mesas redondas sobre aspectos relevantes da innovación e o emprendedurismo na eurorexión, nas que intervirán poñentes relevantes dentro deste ámbito, así como representantes de institucións e organismos vinculados ao desenvolvenento empresarial.

 

Os interesados en participar poden inscribirse a través do formulario de inscrición nesta ligazón.

Publicidade

Máis información, na páxina do EIXE.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As persoas con baixos recursos económicos fuman máis e son menos propensas a deixalo

Un estudo revela que as desigualdades socioeconómicas inflúen na dependencia ao tabaco e na eficacia dos programas de abandono

“O gran reto da Universidade é ofrecer formación empresarial aos futuros investigadores”

Inmaculada Rodríguez, directora xeral de Unirisco, pon o foco na transferencia tecnolóxica na apertura do III Encontro 'Investir en Ciencia si é rendible'

Como fomenta Galicia o emprendemento rural a través dun proxecto europeo

Feuga formou parte da iniciativa que reuniu a 158 grupos de interese de España, Países Baixos, Malta e Turquía

Start-ups con ADN galego triunfan grazas á súa aposta pola ciencia e innovación

Indestia, Innogando, Neutron Insights, Diversa e Psico VR convértense en pouco tempo en referentes do emprendemento na comunidade