O catedrático José Rivas recolle o premio Salvador Velayos

O galardón outorgouno o Club Español de Magnetismo nun acto que tivo lugar o pasado venres na Universidade Pública de Navarra, en Pamplona

O catedrático da USC José Rivas Rey recolleu este venres en Pamplona, o VI Premio Salvador Velayos que outorga o Club Español de Magnetismo e que recoñece as múltiples achegas e o destacado labor desenvolvido neste eido polo científico natural da Pontenova. Co gallo da entrega, Rivas Rey impartiu a lección maxistral ‘Nature-inspired nanostructured magnetic scaffolds for bone tissue engineering’ na Universidade Pública de Navarra.

O vínculo con Galicia de Goodenough, o Nobel máis vello da historia

O xurado do premio destacou que na súa sexta convocatoria, o galardón recaeu en Rivas Rey en atención á cantidade e sobre todo á calidade das súas contribucións científicas, ao seu labor de pioneiro no magnetismo español, creando unha frutífera escola en Santiago de Compostela, e polo seu labor na posta en marcha do Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía (INL) en Braga, Portugal. A concesión do premio foi anunciada o pasado ano no marco da Asemblea Xeral do Club Español de Magnetismo celebrada na Escola Politécnica de Enxeñaría da Universidade de Oviedo en Xixón. Porén, o acto de entrega materialízase coa conferencia impartida este venres na Universidade Pública de Navarra.

Publicidade

Rivas Rey pertence ao grupo de investigación Magnetismo e Nanomateriais (Nanomag), ámbito no que conta cun currículo moi extenso e relevante a través de publicacións, patentes e outras actividades relacionadas. Este prestixioso galardón recaeu en edicións anteriores nas figuras de Agustín del Moral e Eloisa López, Antonio Hernando Grande, Josep Fontcuberta, Juan Bartolomé Sanjoaquín e Manuel Vázquez Villalabeitia.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos