O Campus Terra oferta en Lugo un máster en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias

O Campus Terra da USC reforza o seu perfil agroalimentario coa oferta para o curso 2017-2018 do máster en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias, un novo posgrao oficial estruturado en 90 créditos ECTS e adscrito á Facultade de Ciencias de Lugo. Este novo máster da USC, coordinado polo profesor Manuel Vázquez Vázquez e para o que se ofrecen 25 prazas de matrícula, achega unha formación de calidade de carácter especializado que permite dar resposta social ás esixencias da Unión Europea en relación coa protección da saúde dos consumidores e a seguridade dos alimentos.

Dirixido a titulados e tituladas en  Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria, Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, Enfermaría, Fisioterapia, Bioquímica, Química, Bioloxía, Medicina, Enxeñaría Técnica Agrícola, Enxeñaría Agronómica e Enxeñaría Química, o novo máster en Innovación e Nutrición,Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias da USC é un título resultante da transformación, ampliación e especialización dos estudos de posgrao da USC incluídos na oferta académica da Facultade de Farmacia, segundo indica Manuel Vázquez.

Publicidade

Este máster é unha opción moi acaída para que os graduados e graduadas en Nutrición Humana e Dietética no Campus Terra da USC poidan ampliar a súa formación con estudos de  posgrao e achegarse así ao ámbito da I+D+i, sinala Vázquez, ao tempo que destaca que a posibilidade de que os alumnos/as desenvolvan prácticas en empresas do Clúster Alimentario de Galicia ou noutras entidades acordadas durante un período de tres meses constitúe unha das fortalezas dun máster que se poderá cursar tanto na sede universitaria luguesa como en Compostela.

Temática e cadro docente
A temática do posgrao é ampla, xa que este novo título de posgrao da USC afonda nos aspectos más innovadores e especializados relacionados coa tecnoloxía de produción, calidade hixiénica e nutritiva dos alimentos, así como con cuestións relacionadas cos distintos perfís profesionais do Dietista-Nutricionista: clínico, comunitario, restauración colectiva, na industria alimentaria, docente e investigador.

Publicidade

 

O cadro docente deste máster está integrado por profesores de distintos departamentos da USC, así como por profesorado externo da Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo (Sgenm) e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), cunha ampla experiencia neste campo.

 

Desenvolvemento e calendario

O máster en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias está estruturado en 90 créditos ECTS que se impartirán ao longo de tres semestres. O alumnado deberá completar durante o primeiro semestre un módulo de materias obrigatorias (30 créditos ECTS), que se impartirán en Lugo e Compostela, aínda que se poderán seguir por videoconferencia desde cada sede. As materias optativas centrarán a carga lectiva (30 créditos ECTS) do segundo semestre. O desenvolvemento de prácticas empresas durante tres meses e o traballo de final de máster (12 créditos ECTS) completan o programa académico deste título, para que o xa está aberta a matrícula.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

A lucense que agarda un dobre transplante de páncreas e ril e converteu o hospital nun lenzo da súa vida

Monse Fernández publica "Haxa salú!", editado pola Fundación Renal Española, no que relata longas estancias médicas e anécdotas do día a día

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias