O Campus Terra de Lugo celebra as xornadas Igsea sobre asesoramento rural

As xornadas de asesoramento rural ‘Capacidades do asesor en áreas rurais. Métodos’, promovidas pola Rede de Investigación para a Xestión Sustentable da Empresa Agroalimentaria (Igsea) para formar ás persoas que se encarguen do aconsellamento de explotacións agropecuarias, citan esta semana no Campus Terra da USC uns 20 profesionais, entre os que se atopan enxeñeiros técnicos agrícolas, veterinarios e enxeñeiros agronómicos, que están a exercer o seu cometido profesional como asesores en distintas explotacións galegas.

O docente Daniel Roduner, do organismo internacional para o Desenvolvemento da Agricultura e Áreas Rurais (Agridea), que se ocupa da formación e asesores rurais en diversos países europeos, así como de América e Asia, participa desde o luns nas sesións formativas programadas no edificio Cactus da sede universitaria luguesa.

Publicidade

Os conceptos as nocións formativas impartidas por Roduner no marco deste módulo formativo específico responden ao sistema de certificación europeo Cecra, que garante a formación e a capacidade dos asesores agrarios para a realización das súas funcións. No caso deste módulo, a temática do programa formativo está orientada a facilitar ao asesor a metodoloxía precisa para o exercicio do asesoramento agrario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos