O biólogo Miquel Planas fala este venres sobre os cabalos de mar nas charlas do CSIC

O Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo acolle este venres unha nova sesión do ciclo de seminarios científicos que o CSIC organiza durante o primeiro semestre deste ano. A charla, a cargo do biólogo Miquel Planas, comeza ás 11 horas no salón de actos do IIM.

Baixo o título “El desafío del Hipocampo“, Planas, científico do CSIC, doutor en bioloxía pola USC e experto en acuicultura mariña, falará sobre os obxectivos e os resultados obtidos na investigación do proxecto Hippocampus, que o grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peixes do IIM desenvolve desde 2006. Esta investigación é pioneira a nivel mundial e, entre outros avances, conseguiu pechar por vez primeira o ciclo de cultivo da especie Hippocampus guttulatus e desenvolver unha técnica exitosa de cría en cautividade.

Publicidade

As charlas continuarán o vindeiro 17 de febreiro, coa proxección do documental “Mareas rojas” e a celebración dun coloquio cos seus realizadores, Manuel García Blanco e Jorge Hernández, e proseguirán durante os meses de marzo, abril, maio e xuño. O resto de sesións pode consultarse na web do CSIC Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Así nos prepara o hipocampo para as sorpresas

Un estudo con rexistros intracraneais amosa que, cando aumenta a incerteza, emite ondas de alta frecuencia que modifican a actividade da corteza visual

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé