O Big Data protagoniza a segunda conferencia do ciclo Ciencia exPress na Coruña

A catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, Amparo Alonso Betanzos, intervirá no ciclo Ciencia exPress o vindeiro día 2 de xuño, para explicar Big Data, na Sala de Prensa da Reitoría (A Maestranza), ás 20:00 horas.

“Big Data, por que? para que?” é o título da conferencia da coordinadora do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial da UDC). Big Data, ou datos masivos, fai referencia ao almacenamento dixital de grandes cantidades de datos e á forma de localizalos e encontrar patróns repetitivos. Calcúlase que en Estados Unidos necesitaranse en 2018 uns 190.000 profesionais con coñecementos de analítica de datos, así como 1,5 millóns de xestores e analistas co know-how necesario en big data para tomar decisións efectivas. A catedrática Amparo Alonso coordinou o pasado mes de abril as xornadas internacionais sobre Big Data na Facultade de Informática, coa asistencia de importantes expertos mundiais no tema.

Publicidade

O ciclo de conferencias Ciencia exPress ten como obxectivo explicar de forma sinxela conceptos ou temas de actualidade mediática e de interese xeral. Organízase en colaboración coa Asociación de la Prensa da Coruña, quen suxire as cuestións que os expertos da Universidade da Coruña explican de forma amena e rigorosa á cidadanía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha rara bolboreta nocturna reaparece en Galicia tras 150 anos e logra reproducirse

A observación dun exemplar en Fene e o posterior achado de eirugas confirman a presenza da esfinxe da adelfa, migratoria e pouco habitual no Atlántico

Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos