O arquitecto da restauración do Hostal dos Reis Católicos defende os canos metálicos xa foron propostos en 1561

Fernando Cobos ofreceu unha conferencia no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, onde xustificou que o seu proxecto é a solución máis eficaz para canalizar as augas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organizou na súa sede da Praza da Quintana a conferencia “Restauración do Hospital dos Reis Católicos. Criterios e solucións técnicas”, impartida por Fernando Cobos Guerra, arquitecto responsable da redacción e dirección das intervencións realizadas no Hostal dos Reis Católicos, como as polémicas tubaxes das gárgolas do monumento.

Na actuación da fachada sur, que dá a Praza do Obradoiro, o maior problema viña derivado da humidade e o goteo da auga dende as gárgolas. Cobos explica que o equipo tratou de encauzar a auga da chuvia engadindo canos metálicos como a solución máis eficaz e viable posible, a de menor dano e a máis reversible. Tal e como explica, esta opción xa aparece en construcións antigas e é moi utilizada dende o século XIX, incluída na Catedral de Santiago. “Gil de Hontañón (arquitecto do Colexio de Fonseca e o claustro da Catedral de Santiago) xa propoñía 84 centímetros en 1561”, argumenta o experto.

Publicidade

O arquitecto-director destaca que “a gárgola é, fundamentalmente, un elemento arquitectónico funcional, máis ou menos decorado”. O impacto visual inicial débese á súa lonxitude que, segundo o arquitecto, se axustou por criterios de seguridade inicial. Cada tubaxe mide entre 80 e 90 centímetros a fin de salvar o voo do balcón e compensar o vento dominante que mete a auga na fachada.

As intervencións no hostal

As intervencións no Hostal dos Reis Católicos van dende a capela, o ciborio, os patios renacentistas e as fachadas co obxectivo de reparar os graves danos do edificio e recuperar os seus sistemas orixinais de evacuación das augas, cuxa deterioración é a responsable do seu lamentable estado, segundo explica Fernando Cobos.

Publicidade

O arquitecto indica que o seu plan está baseado “nun concienzudo traballo de investigación histórica e documental, ademais dun exhaustivo estudo profundo”. Engade, ademais, que detrás de cada intervención hai un equipo multidisciplinar integrado por arquitectos, historiadores, arqueólogos, restauradores, aparelladores e enxeñeiros, entre outros perfís profesionais.

Respecto á polémica das gárgolas, xustifica que recortar e alixeirar estas estruturas será doado cando en 2027 se restaure a cuberta completa. “Deixalas curtas agora provocaría con seguridade novos danos sobre a fachada recén restaurada”, apunta o profesional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”

Chipperfield: “A Cidade da Cultura? Teño que cuestionar se Santiago necesitaba unha icona”

O Premio Pritzker de arquitectura lamenta "a prevalencia do eucalipto como monocultivo" e pon en duda que a capital galega precise "máis proxección"

Entre o feísmo e o clasismo: aberración arquitectónica ou sinal de identidade?

O feísmo está presente en toda Galicia con bloques sen continuidade, ampliacións sen sentido e unha pasividade por parte das administracións
00:03:06

Z de Zas: unha ponte (medieval) á arquitectura do pasado

A catedral de Santiago, a capela de San Miguel de Celanova e a igrexa de Santa Comba de Bande son algunhas das obras máis representativas da Idade Media en Galicia