Nace ‘Té Areeiro’, a marca galega para producir té verde de camelia

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro ten unha área de 500 metros cadrados dedicada ao seu cultivo cun total de 300 plantas

Té Areeiro. Esa é a nova marca da provincia de Pontevedra para impulsar a produción de té verde de camelia. Este resultado é froito da investigación levada a cabo pola Estación Fitopatolóxica Areeiro, vinculada á Deputación. O primeiro paso consistiu no rexistro da marca e a elaboración do Plan Estratéxico para impulsar a produción en toda a provincia e convertela nun referente baixo o paraugas de Areeiro, a fin de diferenciala e individualizala no mercado. “Máis pronto ca tarde seremos unha provincia cun té propio”, dixo a presidenta da institución provincial, Carmela, Silva, durante a presentación de Té Arreiro, celebrada esta mañá.

Areeiro ten unha área de 500 metros cadrados dedicada ao cultivo de té cun total de 300 plantas. Ademais, traballouse durante máis de 20 anos para seleccionar as plantas de camellia sinensis (variedade da que se obtén o té) ata elixir máis dunha ducia.  Agora, unha vez creada a marca, toca traballar con centros de investigación, asociacións, persoas produtoras e responsables dos establecementos de restauración para fomentar este cultivo e a súa futura comercialización.

Publicidade

Foi a xefa de servizo de Areeiro, Carmen Salinero, quen deu a coñecer as liñas do Plan Estratéxico ,“que ten por obxectivo promover un modelo de produción sostible que contribúa a conservar e aumentar a biodiversidade e fomentar o emprego no rural”, tendo en conta que provincia reúne as condicións óptimas para esta planta, tanto a pequena escala coma en plantacións comerciais. Insistiu nas fortalezas que ofrece o proxecto, cunha bebida que é a segunda máis consumida do mundo despois da auga e cun consumo en crecemento, así como a alternativa que supón para o emprendemento este cultivo “de rápida produción, ecolóxica e que beneficia ao medio”. Citou que a camellia sinensis se atopa nas listas de plantas resistentes ao lume, polo que se pode usar como barreira protectora nas áreas próximas a poboacións rurais. Amais, o proceso de elaboración desde a colleita ata a comercialización é mecánico e físico, polo que non xera residuos de produtos químicos.

As accións enmarcadas no Plan Estratéxico abranguen a produción e difusión, “porque tan importante é como se elabora como como se consume” e, neste senso, anunciou a celebración de xornadas técnicas para explicar o método de cultivo e, unha vez que haxa persoas, colectivos ou centros que amosen o seu interese para cultivar, iniciaranse obradoiros formativos. “Faremos amais boletíns informativos sobre a produción e un seguimento das plantacións –engadiu-. Todo iso acompañado de catas de té e aproveitamento de celebración de datas sinaladas, como o Día do Té o 21 de maio, para organizar actividades de promoción”. Neste senso, a responsable de Areeiro incidiu tamén en que se potenciará a difusión nos centros educativos de restauración e tamén a sinatura de convenios con colectivos e asociacións para promocionar este cultivo. “Imos traballar de xeito transversal, para que chegue á persoa consumidora un té propio, novo e fresco, porque sabe á natureza. E hai que quitar a palabra amargo do té: o único té amargo é o mal feito”.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

Pontevedra prepárase para a eclipse de agosto cunha rede de observación integrada por 42 concellos

O proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’ impulsa o astroturismo e promove espazos organizados para seguir o fenómeno astronómico do ano