A astrofísica Minia Manteiga ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

A primeira catedrática desta disciplina en Galicia, profesora na Universidade da Coruña, tomará posesión o vindeiro 4 de marzo

A científica Minia Manteiga Outeiro, a primeira catedrática de Astrofísica en Galicia, ingresará o vindeiro 4 de marzo na Real Academia Galega de Ciencias ás 19 horas nun acto que terá lugar no pazo de San Roque de Santiago de Compostela. Manteiga, profesora na Universidade da Coruña, traballa tamén nun dos proxectos de exploración espacial máis ambiciosos que se desenvolven na actualidade, a iniciativa Gaia, da Axencia Espacial Europea, que ten por obxectivo crear un completísimo mapa da Vía Láctea.

Sobre Gaia centrará precisamente o seu discurso Minia Manteiga. A súa intervención de ingreso na RAGC levará por título Gaia: O primeiro censo de estrelas da Vía Láctea en seis dimensións. O encargado de responderlle será o académico e catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela José Rivas Rey.

Publicidade

Minia Manteiga, primeira catedrática de Astrofísica galega

Minia Manteiga está adscrita ao departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Marina da UDC, e exerce como profesora na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, e tamén foi docente na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo. É licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, e especializouse en Astrofísica na Universidade de La Laguna, en Tenerife. Realizou, do mesmo xeito, estadías no Istituto di Astrofisica Spaziale, de Frascati, en Roma  e no INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial), en Madrid.

Alén disto, foi profesora invitada polo programa Fulbright no Departamento de Física e Astronomía da universidade estadounidense Johns Hopkins, en Baltimore, onde estivo ao longo dun semestre. Acreditada como catedrática no 2018, un ano despois foi galardoada co Premio e-Woman á Traxectoria Profesional.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe

Tres científicos e dúas científicas de USC e UVigo reciben as Medallas de Investigación

Os premios da Real Academia Galega de Ciencias recoñecen a Mabel Loza, Sebastian Villasante, Leandro Alejano, Rosa Crujeiras e Francisco Rivadulla