María José Alonso recibe a Medalla ao Mérito en Investigación do Goberno español

A catedrática da USC recibe xunto a Luis Enjuanes e Mariano Esteban o premio, que tamén galardoa a título póstumo a Margarita Salas e Santos Juliá

O Ministerio de Ciencia e Innovación entrega esta tarde as súas Medallas ao Mérito na Investigación e a Educación Universitaria, un galardón que recoñece ás persoas e entidades que destacaron, de “modo eminente, no desenvolvemento e fomento da educación universitaria e da investigación científica e técnica”. Entre as galardoadas estará a catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Compostela, María José Alonso, que recibirá a Medalla de Prata xunto a Luis Enjuanes e Mariano Esteban, virólogos do Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC que actualmente traballan no desenvolvemento dunha vacina fronte á infección do coronavirus SARS-CoV-2. Ademais, o Ministerio de Ciencia recoñecerá a título póstumo á bioquímica Margarita Salas e ao historiador Santos Juliá (nado en Ferrol en 1940), finados a finais de 2019.

https://twitter.com/CienciaGob/status/1287692481031741440

Publicidade

A concesión do galardón anunciouse este luns no Boletín Oficial do Estado, a través dunha orde asinada polo ministro Pedro Duque, no que se valora a “prestixiosa traxectoria no ámbito da investigación científica, e en atención aos méritos e circunstancias de extraordinaria relevancia que concorren” no caso de Alonso, Enjuanes e Esteban. Este último comenzou precisamente a súa carreira na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Farmacia.

María José Alonso graduouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1981 e obtivo o seu doutoramento en 1985. É catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na USC e dirixe o MJ Alonso Lab. En 2014, xunto a Alicia Estévez, foi a primeira muller en ingresar na Real Academia Galega de Ciencias despois de case 25 anos. Ao longo da súa traxectoria acumulou infinidade de méritos e recoñecementos de prestixiosas sociedades.

Publicidade

Actualmente, ademais de participar en numerosos proxectos de investigación internacionais, o laboratorio que dirixe Alonso (unha das científicas máis citadas e recoñecidas de España) lidera desde Santiago de Compostela un proxecto de investigación para desenvolver e avaliar en estudos preclínicos unha posible vacina contra a Covid-19 baseada en ARN mensaxeiro. O método podería ser capaz de inducir respostas inmunitarias de longa duración fronte ao virus. O obxectivo da iniciativa é o de producir un vehículo sintético baseado en biomateriais inocuos e capaz de transportar o ARNm ao interior das células diana, de modo que logará a produción do antíxeno no organismo humano.

O grupo de María José Alonso buscará unha vacina contra a Covid-19

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Rexenerar a cartilaxe articular: o gran desafío que afronta unha científica da UDC

A investigadora Ana Rey recibe 200.000 euros do Ministerio de Ciencia para desenvolver o seu estudo sobre a reparación de tecidos

Unha empresa galega logra 2,1 millóns para ensaiar a súa terapia de prevención da gripe

A compañía Smart Vitamins consegue no experimento en roedores protexer no 100% dos casos contra o desenvolvemento da enfermidade

Un estudo sobre doenzas cardíacas no que participa María José Alonso obtén un millón de euros

A iniciativa premiada pola Fundación "la Caixa" busca trazar unha nova estratexia terapéutica para combater as enfermidades do corazón

Luis Enjuanes, virólogo: “Hai que estar moi alerta, a polio está emerxendo polas guerras”

O experto en coronavirus participa no Congreso Nacional de Viroloxía que se está a celebrar esta semana en Santiago