Luz Verde do Consello de Universidades á creación en Ourense da Escola de Enxeñaría Aeroespacial

A proposta da Universidade de Vigo para a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo no campus de Ourense foi informada favorablemente no pleno do Consello Galego de Universidades celebrado hoxe en Santiago de Compostela. O centro, no que se impartirá o Grao en Enxeñaría Aeroespacial, contará coas instalacións específicas e adecuadas, así como cos laboratorios necesarios e podería entrar en funcionamento, segundo as previsións da Universidade de Vigo, ao comezo do terceiro curso do grao, no curso 2018/2019.

Ademais, o CGU deu o visto e prace a retirar a autorización para impartir as seguintes titulacións de máster: Máster universitario en Computación de Altas Prestacións (en conxunto para a Universidade da Coruña e para a de Santiago); Máster en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural; e Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos, por parte da Universidade de Coruña. Pola súa banda, na Universidade de Vigo deixa de ofertarse o Máster universitario en Ciencias Biolóxicas: Bioloxía Molecular, Computacional e Ambiental e Bio-Industrias; o Máster en Enxeñaría Química; o Máster en Innovación Industrial e Optimización de Procesos; e o Máster en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

A volta das lapas

As consecuencias dos incendios do verán de 2025 e o primeiro gran lume de 2026. Por Andrea Veiga