A directora da Biblioteca da USC asume a secretaría xeral da Rede de Bibliotecas Universitarias

A directora da Biblioteca Universitaria Mª Isabel Casal Reyes asume para os dous vindeiros anos a secretaría executiva da Rede de Bibliotecas Universitarias Españolas (REBIUN), comisión sectorial da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE). A designación de Mª Isabel Casal adoptouse na XXIV Asemblea Anual que a rede celebrou a mediados de mes na Universitat de les Illes Balears.

A directora da Biblioteca compostelá incorporouse á executiva desta rede en 2014, e dende aquel momento coordinou a Liña Estratéxica encargada de dar soporte á docencia, aprendizaxe, investigación e xestión, función que se sumaba á participación da USC nos grupos de traballo sobre Catálogo Colectivo, Patrimonio Bibliográfico e, a partir de 2015, sobre Repositorios.

Publicidade

REBIUN constitúe un organismo estable no que están representadas todas as bibliotecas universitarias e científicas españolas. Así, forman parte dela as bibliotecas das 76 universidades que integran CRUE (50 de ámbito universitario público e 26 de ámbito universitario privado), así como o CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía