Lugo acolle o VIII Encontro Ibérico de Historia da Educación con investigadores españois e lusos

Docentes e investigadores de universidades españolas e lusas debaterán sobre a actualidade da historia da educación, así como sobre os seus principais retos e interrogantes no marco do VIII Encontro Ibérico de Historia da Educación, un congreso científico organizado pola Sociedade Española de Historia da Educación que comeza este xoves, ás 16.00 horas, no auditorio da Casa do Saber do Campus Terra da USC e que se desenvolverá ata o 10 de setembro na cidade de Lugo.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, o presidente do comité organizador do VIII Encontro Ibérico de Historia da Educación e vicepresidente da Sociedade Española de Historia da Educación, o profesor da USC na Facultade de Formación do Profesorado, Eugenio Otero Urtaza; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o deputado provincial delegado da área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deporte, Pablo Rivera, intervirán no acto de inauguración deste congreso, no que formalizaron a súa inscrición máis de medio centenar de profesores e investigadores universitarios de España e Portugal.

A reunión científica presentará as investigacións de 25 relatores

Esta reunión científica preséntase como unha ‘summer school’, un formato que se estrea en Lugo e a través do que os organizadores deste congreso favorecen o encontro de mozos investigadores e doutorandos con algúns dos máis prestixiosos especialistas da península Ibérica con experiencia e traxectoria neste ámbito, sinala Otero Urtaza. Este docente cifrou en máis de 25 os relatores que intervirán nas distintas sesións programadas nun foro orientado a dar a coñecer as liñas de traballo emerxentes e abrir un debate sobre fontes tradicionais e novas, metodoloxías e temas de estudo e investigación na Historia da Educación.

A catedrática da Universidade de Alcalá de Henares María del Mar del Pozo Andrés, abrirá este xoves, a  partir das 16.30 horas, a quenda de relatorios do congreso cunha intervención que se desenvolverá baixo o título ‘A Historia da Educación na España do século XXI: Tradicións, tendencias, retos e contradicións’. Ao remate da súa intervención e logo de completar unha visita ao xacemento da Domus do Mitreo, o profesor do Instituto de Educación da Universidade de Lisboa Joaquim Pintassilgo, presentará un balance da produción científica desenvolvida en Portugal no eido da Historia da Educación que leva por título ‘Balance da produción portuguesa (2009-2015): exemplo das teses de doutoramento’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.