Lugo acolle este venres a Xornada de Divulgación “Primeiros pasos na ciencia”

O auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo acolle este venres, desde as 9.30 da mañá e ata as 20 horas, unha xornada de divulgación que leva por título “Primeiros pasos na ciencia”. A actividade está concebida como un foro no que os investigadores noveis presentarán os seus traballos, así como unha ferramenta para tecer novas redes de contacto que poñan en valor ciencia interdisciplinar e a necesidade de colaboracións.

A xornada comezará ás 9 horas coa recollida de documentación e o acto de inauguración. O científico Ángel Carracedo ofrecerá ás 10.30 horas unha charla maxistral que antecederá ás presentacións dos investigadores. Ao rematar as exposicións, realizarase a entrega de premios.

Publicidade

O programa completo pódese consultar na páxina de Facebook da actividade.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Que historia ocultan as rochas? Unha nova páxina web galega ten a resposta

A iniciativa Xeogalicia ofrece artigos, mapas, guías e recursos educativos para achegar a xeoloxía de Galicia a todos os públicos

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns