Martes 19 Marzo 2024

Deseñan en Pontevedra un programa de pilates para persoas con Parkinson

Melloras no seu equilibrio, nos seus niveis de forza e no seu control corporal. Isto foi o que experimentaron as persoas enfermas de Párkinson que participaron no estudo desenvolvido polos investigadores da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte José María Cancela e Irimia Mollinedo, que traballan na validación dun protocolo de exercicio físico baseado no método pilates dirixido especificamente a persoas afectadas por esta enfermidade neurodexenerativa. Un protocolo que, coa colaboración da asociación Apropark (Asociación Provincial de Párkinson), puxeron xa en práctica cun grupo de afectados e afectadas por esta patoloxía, co propósito de analizar se a práctica dunha serie de “exercicios intensos”, contribuía a unha mellora “da súa capacidade pulmonar e aeróbica e do seu nivel de forza muscular, parámetros fundamentais para mellorar a autonomía da persoa”, como salienta Cancela, investigador principal do grupo HealthyFit.

Este protocolo foi posto en práctica por primeira vez cun grupo de 16 persoas, que durante tres meses realizaron dúas sesións semanais dunha hora das actividades deseñadas polos investigadores no marco da tese de doutoramento de Mollinedo. A través dunha serie de tests que miden forza, flexibilidade ou equilibrio, a súa evolución era comparada coa dun segundo grupo que non realizaba este programa, pero si o resto de actividades físicas que vén promovendo a asociación.

Publicidade

No estudo colaborou a asociación Apropark. Foto: Duvi.
No estudo colaborou a asociación Apropark. Foto: Duvi.

Entre os resultados destas análises, os investigadores destacan as melloras rexistradas no control dos movementos e da “conciencia corporal” dos pacientes, algo que é “moi importante á hora de evitar moitas caídas”, como apunta Mollinedo. Neste senso, entre os propósitos do programa atopábase tanto buscar “unha posición máis erguida” e evitar a flexión de xeonllos que padecen moitas das persoas afectadas, como promover ese “maior control corporal” que lles permita “reequilibrarse” ante situacións de bloqueo. Para avaliar os efectos neste punto, contaron co estabilómetro da Facultade de Fisioterapia, “que mide o comportamento do centro de persión do corpo en diferentes posicións” e co que puideron realizar a análise comparativa coa que constataron “que as oscilacións eran menores” ao final do programa, explica Cancela.

Composto por unha sesión semanal de exercicios de pé e sentados e outra de exercicios en chan, cos que buscaban estender e fortalecer a columna e mellorar esa estabilidade postural, o programa foi deseñado tendo en conta as necesidades de “potenciar certa musculatura ou gañar flexibilidade en determinadas zonas” que implica esta enfermidade, como recoñece Mollinedo. De aí que, aínda que o protocolo estea sustentado nas ideas que rexen este método de actividade física, “como a fluidez e precisión do movemento, a coordinación coa respiración, a flexibilidade, a activación postural, a ergonomía ou a concentración”, seleccionáronse a adaptáronse aqueles exercicios propios do pilates “que máis se axustaban a esta poboación”.

Neste senso, Cancela aclara que “este non é un programa aplicable a todo o mundo”, senón que precisa “duns mínimos de condición física, xa que se trata de exercicios intensos”. De aí que, no marco da colaboración que o grupo HealthyFit mantén desde hai anos con Apropark, se seleccionase para este primeiro estudo, centrado en pacientes que se atopan nos estadios 1 a 3 da enfermidade, a un grupo de persoas “que manteñen un nivel de actividade física bastante elevado” e participan todas as semanas nas diferentes actividades de exercicio físico que promove esta asociación.

Os investigadores analizan agora se a melloría se mantén tras rematar o programa

Diferentes estudos teñen amosado os beneficios do exercicio físico á hora de reducir a progresión desta enfermidade, mais o que pode achegar neste campo o pilates apenas fora analizado ata o de agora, segundo explican os investigadores. De aí que a base do seu estudo fose ir máis aló de “exercicios moi suaves” que os pacientes podían realizar noutras actividades, co propósito de coñecer os beneficios que podía ter un exercicio de maior intensidade. “E a verdade é que responderon moi ben”, recoñece Cancela dun traballo que actualmente se atopa na súa fase de seguimento, co propósito de analizar “que é o que pasa unha vez rematado programa, se esa melloría se mantén ou se hai unha involución”. Do mesmo xeito, os investigadores proxectan dar continuidade a esta liña de traballo cun novo programa de adestramento de forza con gomas, baseado tamén no método pilates, co propósito de coñecer os beneficios que tería neste colectivo un exercicio xa de “alta intensidade”.

Por outra banda, unha vez completada a validación do protocolo, o seguinte paso será tratar de “buscar unha transferencia” e que este poida ser implantado “e a xente poida utilizalo para mellorar a súa calidade de vida”, como este grupo de investigación xa fixera en 2007 con Apropark, cando deseñou un programa de exercicios en auga para afectados por esta enfermidade “e os beneficios foron tan altos que o implantaron dentro da programación da asociación”.

1 comentario

  1. ESTUDIO | Con 195 pacientes

    “El taichi mejora la estabilidad en pacientes con Parkinson”

    Carlos Martínez | Madrid
    Actualizado jueves 09/02/2012 08:33 horas

    Un nuevo estudio realizado con 195 pacientes con Parkinson muestra que la práctica regular de taichi permite mejorar la estabilidad y otros problemas comunes asociados a la enfermedad. El trabajo se publica en la última edición del ‘New England Journal of Medicine’.

    La media de edad de los participantes era de 68 años. Todos presentaban un diagnóstico clínico de enfermedad de Parkinson suave o moderado; sufrían problemas motores como temblores, ridigez o bradiquinesia (lentitud de movimientos); tomaban medicación para la enfermedad y podían caminar o permanecer de pie sin ayuda.

    Los autores del trabajo, de distintas instituciones médicas de Oregon (EEUU), dividieron a los voluntarios en tres grupos, cada uno asignado a una actividad: un programa periódico de estiramientos, un plan de ejercicios de resistencia o sesiones de taichi. Los tres tipos de ejercicio se llevaron a cabo en sesiones de 60 minutos, dos veces a la semana, durante seis meses.

    El diccionario de la RAE define taichi como un “tipo de gimnasia china, de movimientos lentos y coordinados, que se hace para conseguir el equilibrio interior y la liberación de la energía”. Entre los numerosas variedades que existen de esta “gimnasia”, los investigadores adoptaron una tabla de “seis movimientos y ocho posturas”.
    Plan de entrenamiento

    El protocolo exacto que se utilizó en el estudio no está descrito en la publicación del ‘New England’. Según explica a ELMUNDO.es Fuzhong Li, del Oregon Research Institute y principal autor del trabajo, los monitores emplearon un folleto que recoge el plan de entrenamiento, entre ellos los ocho pasos del ejercicio que debían aprender los pacientes.

    El documento concreta también los seis puntos en los que hacer “énfasis durante el entrenamiento”: movimientos de tronco; balanceo del tobillo; desplazamiento del peso del cuerpo; movimientos con las articulaciones del tobillo; coordinación entre los ojos y las manos y ejercicios de respiración.

    Los investigadores evaluaron a los participantes al comienzo del estudio y al cabo de tres y seis meses. Durante este tiempo, los pacientes siguieron con su rutina habitual (incluida la práctica de ejercicio adicional). Según los resultados, el grupo de taichi estaba significativamente mejor que los otros dos.

    La principal referencia para medirlo fue un indicador llamado “estabilidad postural”. Se evaluó según los límites que podían alcanzar los pacientes al realizar una serie de movimientos sin desplazar el centro de gravedad del cuerpo o caerse, y el control de la dirección del cuerpo durante la actividad.

    Al cabo del periodo de estudio también se observaron diferencias significativas en otros problemas comunes. Por ejemplo, el número de caídas fue menor entre los que hicieron taichi: un 67% menos que el grupo de ejercicios de estiramiento, y ligeramente inferior respecto a la actividad de resistencia).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo busca terapias eficaces contra enfermidades dexenerativas como a artrose

O traballo está liderado en España por María Mayán, investigadora de recente incorporación ao CINBIO

Un estudo constata o ‘baixón’ no rendemento dos futbolistas a partir dos 30 anos

O investigador da UVigo Ezequiel Rey é un dos autores dun traballo internacional que recolleu datos de 419 xogadores de Primeira e Segunda División

Fisioterapia fronte á incontinencia urinaria despois do cancro de próstata

Un estudo con pacientes aos que se lle extirpou este órgano realizado por investigadoras da UVigo constata os beneficios desta terapia

A actividade física reduce a mortalidade prematura nas persoas con obesidade

A obesidade é un problema de saúde global, que afecta a...