Lugo acolle a mostra 'Explorística' para achegar a ciencia estatística aos estudantes

Lugo acolle a mostra ‘Explorística’ para achegar a ciencia estatística aos estudantes

A exposición divulgativa ‘Explorística: Aventuras na Estatística’, unha mostra organizada no marco do XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións que permanecerá aberta ao público do 21 ao 24 de outubro no Pazo de San Marcos de Lugo, permitirá ao estudantado de ESO e Bacharelato achegarse a conceptos de Estatística e Probabilidade de xeito experimental.
Esta mostra, incluída nun dos obradoiros organizados ao abeiro do XII Congreso Galego de Estatística,  organizado polo departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC e a Sociedade Galega de Estatística e Investigación de Operacións (Sgapeio), está avalada pola Axencia Nacional para a Cultura Científica e Tecnolóxica de Portuguesa (Ciência Viva) e conta con financiamento de Segapeio, Xunta de Galicia e da Fundación para a Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt).
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Estatística a punta de balón: así calcula un investigador galego a probabilidade de vitoria no Mundial

A análise sinala que España tiña un 90% de posibilidades de vencer contra Arabia Saudita, e un 85% contra Cabo Verde

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos