Laza rexistra un terremoto de 3,1 graos na escala Richter

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou hoxe un terremoto na localidade ourensá de Laza, cunha magnitude de 3,1 graos na escala de Richter. O movemento sísmico foi anotado polos sismógrafos ás 13.54 horas, con epicentro nas aforas desta vila ourensá e cunha profundidade de 12 quilómetros.

Un sismo desta magnitude non causa danos polo xeral e non é doado de ser sentido polas persoas. Sen embargo, o Instituto Xeográfico Nacional apúntao coa categoría de ‘significativo‘.

Publicidade

Nas últimas semanas, Galicia rexistrou varios pequenos sismos anotados polo IGN, un deles un día antes do de Laza, o luns 22 de maio, con epicentro no oceáno Atlántico, diante da costa galega, cunha magnitude de 2 na escala de Richter. A pasada semana, houbo outro movemento sísmico preto de Forcarei, cunha magnitude de 2,4.

Aquí podes ver os datos do IGN do sismo de Laza

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un terremoto de magnitude 4,2 con orixe na provincia de León séntese na maior parte de Galicia

Tan só o oeste da provincia da Coruña quedou fóra do alcance do sismo, mentres que o resto da comunidade puido percibilo

A Terra está atravesando unha época de maior actividade sísmica?

Dous terremotos de gran magnitude sacudiron Venezuela o 24 de xuño, e despois seguiron outros en Xapón, Colombia, Indonesia e Granada

Alerta sísmica no teu móbil: así funciona o sistema de Google que avisa dos terremotos en segundos

Os teléfonos Android contan cun servizo de avisos por tremores tectónicos que se lanzou nos primeiros segundos dende o comezo do fenómeno que golpeou Venezuela

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy