O investigador José Rivas ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de José Rivas Rey, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e experto en nanotecnoloxía, que se integra na Sección de Matemáticas, Física e Física do Cosmos. A súa continúa a rolda de incorporacións á institución neste ano, no que entrarán catro novos académicos de diversas áreas de coñecemento.

O discurso de ingreso do novo académico da RAGC estaba titulada “O magnetismo e a nanotecnoloxía. Dous aliados na fronteira do coñecemento”. Logo de pronuncialo, recibiu a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma foille entregado polo reitor da USC, Juan Viaño.

Publicidade

Rivas Rey (A Pontenova, Lugo) licenciouse e doutorouse en Ciencias Físicas na Universidade de Valladolid. Logo de realizar unha estadía de investigación no Instituto Max Planck de Alemaña, exerceu como profesor nas Universidades de Valladolid, Burgos e Murcia, ata que en 1982 logrou a cátedra na Universidade de Santiago de Compostela.

En 1986 foi o responsable da organización na USC da conferencia na que Gerd Binnig e Heinrich Rohrer, da IBM de Zúrich, presentaron a nivel internacional o seu instrumento para tomar imaxes de superficies a nivel atómico e polo que, uns meses despois, recibiron o Premio Nobel en Fisica. Considérase que este evento supuxo o arranque da nanotecnoloxía como unha disciplina cohesionada de gran impacto social e económico, pasando a ser unha área preferente de investigación dos países e laboratorios máis vangardistas.

Publicidade

A spin-off Nanogap está na vangarda da innovación dende Compostela

Como resultado das colaboracións de Rivas con outros investigadores da USC creouse o Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC e un laboratorio interdisciplinar en Nanotecnoloxía e Magnetismo (NANOMAG) no que se desenvolveron varios métodos orixinais para a preparación de nanomateriais, patentados en Estados Unidos, Asia e Europa. Estes materiais multifuncionais de dimensións nanométricas son de aplicación en electrónica, biomedicina, alimentación e medio ambiente. A partir do interese que espertaron estes produtos no mercado, Rivas cofundou a spin-off Nanogap, na que actualmente traballan máis de vinte empregados de alta cualificación.

Durante o período 2005-2014 compatibilizou o seu labor docente e investigador na USC coa posta en marcha e a dirección do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía (INL), organismo internacional creado por España e Portugal para a investigación, na fronteira do coñecemento, da nanociencia e nanotecnoloxía.

Rivas ten publicado ao longo da súa carreira máis de 390 artigos en revistas científicas internacionais de prestixio e ten aprobadas 11 patentes en Europa, América e Asia. Impartiu máis de cen conferencias en centros de varios países e dirixiu 24 teses de doutoramento.

Ademais, foi decano da Facultade de Física da USC e director do seu Departamento de Física Aplicada. É membro científico cofundador da Rede Española de Nanotecnoloxía (NanoSpain) e do O Club Español de Magnetismo (CEMAG), do que exerceu como presidente entre 2009 e 2011 e do que agora é membro permanente no seu comité científico.

Actualmente, continúa co seu labor docente e investigador, liderando proxectos estatais e europeos tanto de innovación con empresas como de desenvolvementos na fronteira do coñecemento. Ademais, é membro activo de varios comités europeos e internacionais como o programa COST NanoSTAG e o Steering Committee of the European Science Foundation’s forward look on Nanomedicine.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos
00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

Inmunoterapia contra o cancro máis letal: na busca de estratexias innovadoras

Santiago acollerá un congreso científico internacional que busca aplicar a nanotecnoloxía para o tratamento dos tumores cerebrais

A Academia Galega de Ciencias celebra o ingreso de tres novos académicos correspondentes

Francisco Marcellán, Jorge Martínez e Juan Ramón Sanmartín manifestaron o seu compromiso coa evolución da ciencia en Galicia
93040