O catedrático Jorge Mira, recoñecido co Premio Lois Peña Novo

O catedrático Jorge Mira Pérez, galardoado na vixésima edición dos Premios Lois Peña Novo

O catedrático Jorge Mira Pérez acaba de ser recoñecido co Premio Lois Peña Novo que outorga a Fundación homónima co obxecto de recoñecer o labor, tanto individual coma colectivo, daquelas persoas, entidades ou empresas que traballan ou teñen relación coas administracións públicas e que fan, co seu traballo cotiá, publicacións, estudios ou traballos de investigación que a lingua galega se consolide, cada vez máis, no eido das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral. Xunto ao docente da USC, tamén foron premiados o Colexio Oficial de Traballadores e Traballadoras Sociais de Galicia e a maxistrada no Xulgado do Social número 3 de Lugo, Dalila Dopazo Blanco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación da USC profunda na figura da “adúltera castigada” do Pórtico de Praterías

O profesor José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da muller cun cranio no colo que xa é mencionada no ‘Liber Sancti Iacobi’

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Un proxecto galego mellora a detección da deterioración cognitiva mediante análise de sangue 

Unha investigación do IDIS estuda novos biomarcadores para avanzar cara a unha detección máis temperá e un seguimento personalizado

Novas filtracións na balsa tóxica de Alcoa: cal é o perigo do lodo vermello?

Os compostos da vertedura, que está a 75 metros das casas máis próximas, xorden da elaboración de aluminio, na que un quilo de alúmina produce dous do refugallo