Venres 11 Outubro 2024

Una investigación de Lugo crea un modelo para mellorar as granxas porcinas de leitóns

As delicadas condicións ambientais que requiren os leitóns tras o destete para garantir o seu correcto crecemento e o seu benestar centran o obxecto da tese de doutoramento que vén de presentar na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo o enxeñeiro agrónomo pontevedrés Juan Antonio Ortega Martínez baixo o título ‘Estudo do ambiente interior de aloxamentos para gando porcino en fase de transición e o seu modelizado ARIMA’.

Esta tese de doutoramento, dirixida polos profesores do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC Dolores Fernández Rodríguez e Manuel Ramiro Rodríguez Rodríguez, estuda polo miúdo as condicións ambientais dunha explotación porcina de produción de leitóns de 20 kg de p.v., localizada na provincia da Coruña e cunha capacidade autorizada de 4.895 nais. A análise do clima exterior, das instalacións de climatización e da actividade animal foron a base para o desenvolvemento dun modelo de predición de la variable clave, a temperatura na zona animal, empregando a metodoloxía ARIMA (Autoregressive integrated moving average).

Publicidade

O modelo permite regular a temperatura da zona que ocupa o animal

A aplicabilidade deste modelo ao deseño de estratexias e elementos de control eficientes dende dous puntos de vista, animal e enerxía, garántese grazas á extensa e completa validación realizada, segundo indica Ortega Martínez, quen tamén subliña que os datos resultantes desta investigación de doutoramento son aplicables a calquera outra explotación de gando porcino en fase de transición. As variables de predición do modelo desenvolvido na EPS inclúe entre os parámetros empregados a temperatura exterior, a superficie de apertura da saída de aire, o volume de aire extraído e o peso vivo dos animais aloxados na sala, integrando os tres factores básicos, clima, funcionamento das instalacións e animais.

O valor actual de temperatura na zona ocupada polo animal é predicible, segundo este novo modelo, a partir dos datos dos 20 minutos anteriores. O erro medio da predición acada un valor absoluto porcentual do 3%, segundo sinala Juan Antonio Ortega Martínez. Este enxeñeiro agrónomo engade asemade que este mínimo grao de error é posible grazas aos estudos realizados durante máis 200 días, un período suficientemente amplo como para ter en conta diferentes variables.

Publicidade

Máis información no seguinte enlace:

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2016_01/noticia_0010.html

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Para que servía Corro dos Mouros? Estas son as dúas hipóteses dun xacemento único

Un equipo da USC retoma os traballos arqueolóxicos do 2023 coa fin de realizar dúas sondaxes e un rexistro con dron

Estes son os sitios de Galicia onde haberá treboadas este mércores

A DINA prognosticada pola Axencia Estatal de Metereoloxía afectará principalmente o interior da provincia de Lugo con fortes treboadas

Unha obra no río Miño afecta a dúas especies vulnerables e pon en alerta os ecoloxistas

A restauración dun caneiro en Acea de Olga, na cidade de Lugo, obriga a trasladar a dúas poboacións de bivalvos ameazadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas