Homenaxe ao catedrático Augusto Pérez Alberti

Discípulos e compañeiros do catedrático de Xeografía Física da USC recentemente xubilado Augusto Pérez Alberti organízanlle este venres 16 unha homenaxe no Paraninfo da Universidade.

No acto, que presidirá ás 11.00 horas o vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane, participarán o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Francisco R. Durán Villa, e o director do Departamento, Rubén C. Lois González. 

Publicidade

Na cerimonia intervirá tamén Marcos Valcarcel Díaz, en representación dos editores do libro realizado ex profeso para a ocasión Xeomorfoloxía e Paisaxes Xeográficas. Catro décadas de investigación e ensino. Homenaxe a Augusto Pérez Alberti.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos