Galicia sitúase á cola de España en calidade de vida en 2023

Un informe do INE outorga a maior puntuación nas categorías de educación e seguridade, e a menor en experiencia xeral

Galicia tivo mellor calidade de vida que Canarias en 2023, pero peor que as 15 comunidades autónomas restantes. É máis, está por debaixo da media nacional. Así o recolle un informe publicado este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE). O organismo calcula un índice a través de distintas fontes, e nel valóranse nove factores. Entre eles, o traballo, o medio ambiente e a saúde. No cómputo global Galicia ten unha puntuación de 99,6 puntos, afastada da que acada Navarra, líder na lista (105).

En relación aos informes de anos anteriores, a tendencia en Galicia é decrecente. É dicir, segundo as enquisas e estatísticas realizadas polo INE, a calidade de vida está a empeorar. En 2020 acadaba 100 puntos, mentres que en 2022 descencía aos 99,9 e agora, cos últimos datos de 2023, confírmase a tendencia: baixa ata os 99,6. Por debaixo dela tan só está Canarias (98,9) e a cidade autónoma de Ceuta (95,9). No lado oposto están Navarra, de primeira no ránking, seguida da Rioxa (140,1) e de Aragón (103,8). No que respecta á media nacional, o índice global de calidade de vida acada os 101,5 puntos.

Publicidade

Análise por factores

O INE non só achega un índice global sobre a calidade de vida; tamén fai unha clasificación en función dos factores a estudo. Así, a categoría que sitúa Galicia nunha mellor posición é a seguridade física e persoal, coa que obtén 105,2 puntos. Neste aspecto escala ao quinto posto. Despois estaría a educación (111,3) que a coloca de sexta. Baixa ata a oitava posición en condicións materiais de vida, con 100,8 puntos.

No resto de variables, Galicia sitúase á cola do ránking. Queda no número 12 en cuestións de traballo, valoradas en 100,6 puntos. Acada o posto 17 dos 20 que hai, incluíndo as dúas cidades autónomas e o índice global nos indicadores de saúde (99,3), lecer e relacións sociais (94,7) e contorna e medio ambiente (98,6). Baixa outra outra posición, ata situarse na 18, en gobernanza e dereitos básicos (93). E, finalmente, Galicia está no último posto, en comparación co resto de comunidades autónomas, no que respecta á experiencia xeral de vida: a posición 20 con 93 puntos.

Publicidade

Se os datos se analizasen illadamente do resto de lugares estudo, o ránking en Galicia variaría considerablemente. O mellor indicador está na educación, dado que acada a puntuación máis elevada superando con creces os 100 puntos. Despois estaría a seguridade física e persoal e continuaríase coas condicións materiais de vida. Por debaixo do cento estarían, nesta orde de maior a menor puntuación, a saúde, a contorna e o medio ambiente, o lecer e as relacións sociais, a experiencia xeral de vida e a gobernanza e os dereitos básicos. Uns datos e unha análise puramente cuantitativa que, cando menos, tamén invita á reflexión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un terzo da poboación galega terá máis de 65 anos en 2039

O IGE estima que dentro dunha década haberá 260 individuos que superen os 65 anos por cada 100 menores de 20

Cantas persoas naceron o mesmo día ca ti? Compróbao nesta aplicación

O Instituto Nacional de Estatística ofrece unha ferramenta interactiva que permite descubrir canta xente está de aniversario en España nun día, mes e ano concretos

Pontevedra xa rexistra máis mortes por cancro de pulmón que o de mama en mulleres

No ano 2024, a provincia galega sumou 159 falecementos por tumor pulmonar, fronte aos 146 causados por carcinoma mamario, segundo datos provisionais do INE

De que morren os galegos? Estas foron as principais causas de falecementos en 2024

As enfermidades circulatorias e os tumores provocaron o 52% de todos os falecementos rexistrados no país o ano pasado