O VI Informe do Centro de Estudios e Opinión Ponlle Freo-AXA de Seguridade Vial sobre colisións de vehículos contra animais ratifica que Galicia é a segunda comunidade, despois de Castela e León (23,3%), con maior sinistralidade en canto a colisións de vehículos contra animais, un 17,4%. O ano 2022 ten os peores datos nas carreteras nos últimos tempos na Pelínsula, cun incremento dun 92% en cinco anos e un 147% respecto a 2013.
O xabalí é o animal que máis accidentes provocou o ano pasado, cun 45% da sinistralidade, despois do corzo (23%) e o can (15%). Estes animais representan o 84,5% total de sinistros rexistrados. No restante, enmárcanse o cervo, o can, o gato e o raposo. O director xeral do Centro de Estudos e Opinión Ponle Freno-AXA, Josep Alfonso, explicou que “o incremento da poboación animal nos últimos anos aumentou a perigosidade na circulación en zonas concretas onde segue sendo moi importante reducir a velocidade e manter a distancia de seguridade para evitar accidentes”.
Por provincias, Burgos é a de maior sinistralidade total por animais (6,3%) seguida de Ourense (4,9%) que xunto coa Coruña pechan as posicións con maior sinistralidade en España. Rexístranse diferencias respecto aos animais domésticos con Murcia, Pontevedra e Baleares na cabeza. Coa entrada en vigor da nova Lei de Benestar Animal, o abandono de animais está castigado con penas, por exemplo, de multas de 500 a 10.000 euros se un can se escapa de casa e incluso penas de cárcere de ata 36 meses se o animal morre con algún agravante.
A mirada posta en outono
Burgos, Ourense e a Coruña completan o top 3 de animais cinexéticos, e Murcia, Pontevedra e Sevilla de animais domésticos. Coincidindo coa época de caza, octubre, novembro e decembro rexistran unha porcentaxe de sinistralidade máis alta, concentrando o 31% dos accidentes. Polo contrario, xuño é o mes con menores sinistros de todo ano.
O Informe do Centro de Estudos e Opinión Ponlle Freo-AXA analiza tamén os siniestros por día da semana, que se manteñen nos mesmos termos que en anos pasados. O venres é o día máis perigoso, rexistrando o 15% dos accidentes con animais, seguido dos mércores (14,8%) e os martes (14,6%). No lado oposto están os xoves, o día con menor probabilidade de sufrir un accidente cun animal (13,4%).














