Venres 19 Abril 2024

Galicia, con seis investigadores entre os máis citados do planeta

NOTA: Ademais dos seis investigadores mencionados, aparecen na lista Pablo Docampo e Álvaro Goyanes, que non foron incluídos na primeira información. Consulta máis detalles aquí.

Seis científicos baseados en universidades galegas, ou ben galegos que desenvolven a súa investigación noutras institucións, aparecen na listaxe Highly Cited Researchers 2020, unha clasificación realizada pola compañía Clarivate e difundido este mércores. Destaca a Universidade de Vigo, que coa inclusión de Jesús Simal, Francisco J. Barba, Seid Mahdi Jafari e Jianbo Xiao, coloca á institución no terceiro lugar en España, detrás de Granada e Barcelona, neste ránking de investigadores altamente citados. Os catro investigadores da UVigo traballan no eido da ciencia e tecnoloxía dos alimentos e aparecen incluídos no listado internacional no ámbito das Ciencias da Agricultura.

Publicidade

Alén disto, o catedrático de Análise Matemática na USC, Juan José Nieto Roig, inclúese tamén na listaxe. E o lucense Luis Liz-Marzán, experto en biomateriais do CIC biomaGUNE do País Vasco, sitúase tamén na clasificación. A listaxe, que este ano inclúe 6.167 investigadores e investigadoras de 60 países e rexións, identifica, tal e como indican os seus promotores, “aos investigadores que demostran unha influencia significativa no seu campo ou campos de investigación elixidos a través da publicación de múltiples artigos altamente citados durante a última década”. España ocupa neste 2020 o posto número 10 no ránking de países, con 103 investigadoras e investigadores.

No caso da UVigo, un dos seus investigadores, Jesús Simal Gándara, é catedrático da Área de Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Vigo dende 1999 e vinculado a esta institución dende 1991, subliña sobre a presenza acadada na listaxe este ano como “todo isto é froito dun traballo colectivo”, indicando como este tipo de resultados “axuda a mellorar a visibilidade da Universidade de Vigo no contexto da actividade científica mundial, especialmente no ámbito agroalimentario”.

Os outros tres nomes da UVigo correspóndense con científicos que se incorporarán proximamente á institución Francisco J. Barba vai ser nomeado investigador honorífico da Universidade, e colabora con Jesús Simal en diferentes liñas de investigación. Seid Mahdi Jafari, sumarase á institución como director científico dun laboratorio ibérico alimentario entre a Universidade de Vigo e o Politécnico de Bragança. E Jianbo Xiao é o candidato seleccionado na resolución provisional do programa de captación de talento HCR da UVigo 2020, cuxa convocatoria foi aprobada no Consello de Goberno celebrado o pasado mes de setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O catedrático da USC, Juan José Nieto, galardoado co Premio Conde de Cartagena

O recoñecemento en investigación traslacional, concedido pola Real Academia Nacional de Medicina,débese ao seu traballo sobre a loita contra a Covid-19 e futuras epidemias

Estes son os investigadores de USC e UVigo entre os máis citados do mundo

Juan José Nieto, Álvaro Goyanes, Jianbo Xiao e Francisco J. Barba repiten na listaxe anual que elabora Clarivate

O 99% das mortes por Covid-19 en Galicia foron persoas de máis de 50 anos

Un artigo de científicos da USC, UVigo e Chuac analiza os datos do primeiro ano da pandemia tomando como referencia os grupos de idade

Un dos científicos máis citados do mundo incorpórase á Universidade de Vigo

Jianbo Xiao, experto en investigación alimentaria, foi incluído catro veces desde 2016 na listaxe 'Highly Cited Researchers'