Dicionario da Ciencia: “Coronavirus”

A palabra de moda no 2020 chegou asociada ao SARS-CoV-2 que provoca a Covid-19 e foi incoporada ao Dicionario da Real Academia Galega

Esta palabra entrou con forza nas nosas vidas no ano 2020: ‘coronavirus‘. Aínda que xa se clasificaban así algúns patóxenos como os que provocan o arrefriado común, non foi ata a aparición do SARS-Cov-2 cando se converteu nun fenómeno da fala mundial en todos os idiomas.

A Real Academia Galega incorporouno ao Dicionario neste 2020 coa seguinte definición: “Virus con forma exterior semellante a unha coroa, con ARN causante de infeccións respiratorias e dixestivas en persoas, en moitas especies de mamíferos e en aves”.

Publicidade

‘Dicionario da Ciencia’ é unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia, e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que afondan dun xeito desenfadado nas palabras relacionadas coas ciencias.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia lanza sete pezas audiovisuais para divulgar sobre ciencia e igualdade

O proxecto, en colaboración co Concello de Pontevedra, difundirase a través de Instagram e Tiktok para poñer en valor mulleres científicas que loitaron contra os nesgos de xénero e raza

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

A RAG lanza un dicionario castelán-galego en liña con máis de 26.000 entradas

O repertorio dixital pode consultarse dende a web da Academia e consta de máis de 55.200 aceptacións e máis de 87.000 sinónimos de tradución