Venres 26 Abril 2024

As galerías acristaladas da Coruña melloran o grao de confort das vivendas nun 27%

Un estudo sitúa o salto térmico achegado durante case todo o ano nun rango de entre 5 e 10 graos centígrados, cunha temperatura media anual en torno aos 22

En Galicia é habitual a loita constante contra a humidade e a sensación de frío nos fogares. Quen non escoitou falar desa sensación punzante nos ósos durante os largos invernos, agora agudizada pola preocupación e concienciación social polo consumo de enerxía? Neste contexto, xorden conceptos como casas ecolóxicas e estudos, sobre o confort e o mantemento da temperatura dos fogares. No caso galego, un deles incide nun elemento tradicional de moitas casas galegas: as galerías acristaladas.

Ás veces hai que dar uns pasos atrás para poder avanzar cara a adiante, e a análise a través da monitorización da humidade e a temperatura dos fogares tradicionais en condicións de uso real achega a base, que ata agora non existía, para ofrecer propostas con algo máis de luz e confort nas casas galegas. As galerías acristaladas como as que son famosas na avenida da Mariña da Coruña son o eixo da investigación do enxeñeiro de edificacións Pablo Fernández Ans, un modelo tradicional “que se pode aplicar nas novas construcións como nos fogares xa existentes como un elemento auxiliar cuxo funcionamento é o dun regulador térmico”.

Publicidade

Interior dunha galería.
Interior dunha galería.

O estudo parte do interese de investigar o espazo da galería pola súa relevancia na arquitectura galega do século XIX nas zonas costeiras e como estratexia de climatización sinxela da época, xa que non ten ningún consumo enerxético asociado. Todo isto vinculado ás normativas cada vez máis esixentes de construción, a concienciación polo aforro enerxético —agudizada nas últimas semanas— e máis o interese polas opcións máis económicas e sostibles, fan desta unha opción relevante para readaptar nos fogares de múltiples formas. “Ben como unha galería ou ben como un muro acumulador de calor, coñecidos como muros Trombe” explica o autor.

Na actualidade, e por todo o mundo, espállanse novos sistemas de construción ecolóxica. Os modelos máis recoñecidos son as casas de adobe, de ladrillo de barro e madeira. Todos estes elementos parecen sinxelos, pero na realidade achegan confort e formas sostibles de obter calor natural. Neste sentido, Pablo Fernández resalta o labor das empresas que realizaron nos últimos anos o mesmo proceso de estudo a través da monitorización da humidade e temperatura de fogares por diferentes territorios de España. Estes estudos foron dende Serra dos Ancares coas pallozas ata as vivendas executadas con balas de palla en Ordes, pasando polas Frontes Acristaladas ou Earthship en Brighton (Reino Unido), entre outras. Todos os resultados obtidos “permitirán definir actuacións de rehabilitación adecuadas e valorar as prestacións dos diferentes materiais” resolve o experto.

Salto térmico entre interior/exterior. Valores en %.

Os resultados acadados conclúen que o caso das galerías en Galicia é unha forma atractiva de recuperar parte da tradición galega, ademais de achegar aos fogares un refuxio sustentable e máis económico. Porén non é a solución definitiva, posto que o efecto invernadoiro que provocan estes muros de cristal aumentan a temperatura da zona nos veráns ata os 40 graos.

“Nin os cactos da casa do estudo aguantaban tal temperatura se non se complementa cunha boa ventilación e algún sistema de sombreado” comparte o autor do estudo. Fernández Ans indica que, a pesar do aforro enerxético que achegan as galerías no inverno, non é suficiente como para quentar toda a casa. Mesmo así existen ferramentas que xustifican o aforro enerxético que esixe o Código Técnico de Edificación (CTE) como a aerotermia, o chan radiante e o captador solar térmico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Aquarium Finisterrae reforma o sanatorio de focas: “Combinaremos todas as necesidades ambientais”

O museo coruñés remodela no seu 25 aniversario a área de curación dos animais mariños

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844