Unha imaxe do volcán da Palma gaña un concurso fotográfico da NASA

As galardoadas no Torneo da Terra asocian as imaxes dos satélites cos catro elementos da natureza: terra, auga, aire e lume

Cada ano o Observatorio da NASA organiza O Torneo da Terra. Este é un concurso fotográfico que capta instantáneas dende o espazo. Este ano asociábanse ás fotografías os catro elementos da natureza: auga, aire, terra e fogo.  Este ano, o volcán da Palma de Gran Canaria foi a foto gañadora do elemento “lume”. Con esta vitoria xa é a terceira vez nunha mesma década que o arquipélago se fai co podio, xa que no 2013 os votantes premiaron a imaxe da erupción submariña de El Hierro e, ao ano seguinte, os brillos do sol, os ventos e as ondas sobre a illa.

As fotos finalistas de 2022 son, respectivamente, o deserto de Kalahari, o mar de Weddell, os ceos de Sumatra e o volcán de A Palma, segundo recolle a Agencia SINC. Esta última, publicouse en outubro do 2021 xunto con outra en tons vermellos coa erupción do cráter. A instantánea non parecía que ía ser elexida posto que se atopaba no posto número 8. Porén, pouco a pouco, foi collendo a dianteira en cada unha das cinco rondas do torneo.

Publicidade

Dende 1999 o Observatorio publicou milleiros de marabillosas imáxenes mostrando o noso mundo cambiante. Aínda que o concurso concluíu, a páxina web incita á visitalos e ver as increíbles fotografías con perspectiva interestelar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo