A Xunta anuncia a apertura da hostalaría a partir da medianoite do venres

O presidente avanza os criterios cara ás vindeiras semanas, no marco dun descenso de novos casos e baixada da ocupación hospitalaria

Con moita probabilidade, a segunda onda pandemia da Covid-19 en Galicia superará antes da fin de semana a cifra de persoas falecidas na primeira (619). Despois de que novembro fose o segundo peor mes, tras abril, o presidente da Xunta de Galicia avanzou este mércores que a comunidade afrontará nas vindeiras semanas a segunda ‘desescalada’, ao constatar que as medidas tomadas hai arredor dun mes, co peche perimetral e da hostalaría, deron efecto na contención da crise. E o sector hostaleiro, que permanecía pechado en máis de 60 concellos desde hai un mes, poderá abrir a partir da medianoite do venres en toda Galicia, seguindo catro niveis de restricións en función da situación epidemiolóxica. As medidas entrarán en vigor na medianoite do venres.

O mapa da segunda desescalada de Galicia, concello a concello

Resumo das medidas

Publicidade

  • Permítese a interacción social en persoas non conviventes de 4 a 6 persoas dependendo da situación epidemiolóxica en cada zona. Con todo, recoméndase limitar os encontros sociais á unidade de convivencia, sobre todo nos domicilios.
  • Apertura da hostalaría nas zonas con menor incidencia.
  • Restrición da mobilidade con Portugal durante a ponte, dada a alta incidencia no norte do país. A medida será solicitada á Delegación do Goberno español.
  • Mantéñense os peches perimetrais nas zonas en nivel 3 (máximas restricións). Como referencia, entre outros criterios, establecerase unha incidencia acumulada de 100 casos/100.000 habitantes en 14 días para levantar esta medida.
  • Mantense o confinamento nocturno de 23 a 6 horas.

En concreto, e tal e como avanza o Ministerio de Sanidad na súa estratexia, a segunda ‘desescalada’, a Xunta terá en conta indicadores como a incidencia nos últimos sete e 14 días, estes dous mesmos criterios para o caso das persoas de 65 ou máis anos, a positividade global das probas de diagnóstico en cada semana, a porcentaxe de casos con trazabilidade, a ocupación de camas de hospitalización e de coidados críticos por casos de Covid-19.

https://twitter.com/Xunta/status/1334119070111830016

Publicidade

A tendencia da segunda quincena de outubro era moi preocupante“. Porén, a nova avaliación realizada este martes, “cunha tendencia sostida e constante á baixa” desde comezos de novembro, levou a reducir o nivel de restricións nalgunhas áreas. Así, as cidades de Santiago e Ourense, afectadas en primeiro termo por medidas máis estritas, situaranse xunto á meirande parte do territorio desde a medianoite do mércores en nivel 2.

Con todo, Alberto Núñez Feijoo destacou que “continúa a preocupación”, por mor da incidencia alta nalgunhas áreas, polo que a desescalada non avanzará de forma homoxénea en todo o territorio galego.

Situación actual

O número de novos casos amosa un importante descenso na última semana, situándose na contorna dos 300 diarios. Hai unha baixada no número das probas PCR realizadas, mais a positividade descende ata a contorna do 5%, no limiar superior dos criterios marcados pola OMS.

Fonte: Sergas.
Fonte: Sergas.

O indicador de casos activos segue descendendo, ao sumar nos últimos días máis altas ca novos casos:

Nos hospitais, a ocupación segue descendendo despois de acadar o cumio da segunda onda a mediados de novembro:

A cifra de persoas falecidas é de 1.221, ao notificar 10 novas mortes respecto á actualización anterior. Na segunda onda contabilízanse 602 falecementos fronte aos 619 da primeira.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha igrexa e un curtidoiro elevan a 93 os bens galegos na Lista Vermella

A Coruña concentra o maior número de monumentos en risco, con 34, seguida de Lugo, Pontevedra e Ourense

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período