Un río atmosférico chega dende o Caribe a Galicia con fortes choivas

Meteogalicia e AEMET activan avisos amarelos por importantes precipitacións este sábado no litoral e no interior da provincia da Coruña

Un río atmosférico chega a Galicia este sábado traendo a humidade do Caribe ata o norte da península ibérica. Como consecuencia, haberá fortes choivas que inclúen avisos amarelos por precipitacións na provincia da Coruña por riba dos 40 litros por metro cadrado.

O vento do suroeste traerá este torrente de humidade mentres que as temperaturas mínimas ascendenderán de xeito notable, mentres que as máximas van seguir estables.

Publicidade

Na súa conta de Twitter, o Grupo de Física Non Lineal da USC recordan que “para que haxa chuvias fortes necesítase: 1) Unha gran cantidade de vapor de auga na atmosfera e 2) Fortes ascensos verticais do aire. No caso do sábado teremos moito do factor 1 pero pouco do 2. Polo tanto, todo parece indicar que as chuvias serán cuantiosas pero nada fóra do normal”, explican.

Ríos atmosféricos: as autoestradas aéreas que regulan o clima

“Se ese mesmo río atmosférico fose captado por unha borrasca importante, que organizase e concentrase toda esa humidade ao redor dunha fronte, a cantidade de precipitación que deixaría sería moito maior. Parece que non será o caso, pero compre estar atentos porque este tipo de situacións son propensas a dar sorpresas“, aseguran estes físicos da universidade compostelá.

Publicidade

Pola súa banda, tanto Meteogalicia como a AEMET xa declararon avisos amarelos por precipitacións na costa norte e no interior da provincia da Coruña.

Aquí podes consultar o boletín de avisos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rompe o tópico: en 2025 rexistráronse máis horas de sol do habitual

O documento confirma o aceleramento do quentamento global ao recoller unha temperatura media de 1,1 graos por enriba do promedio anual normal

Un potente anticiclón chega a Galicia: estamos ante a primeira onda de calor do ano?

As temperaturas poderán ser as máis altas rexistradas para esta época do ano entre finais da semana e comezos da próxima

Dos ventos do sur aos eucaliptos vellos: os factores tras o primeiro grande incendio da tempada en Galicia

A combinación de factores no lume de Herbón-Padrón, con 350 hectáreas queimadas, confirma unha mudanza nos patróns de propagación

Crista subtropical sobre Galicia: os modelos europeos anticipan temperaturas extremas

A chegada dunha masa de aire cálida traerá unhas anomalías positivas de 6ºC no litoral galego e ata 10ºC no interior