Seis falecidos en Galicia en 24 horas e baixan os casos nun 1,5%

O número de casos activos pasou de 3.235 a 3.187 na xornada deste sábado

Seis novas mortes por coronavirus en Galicia nas últimas 24 horas, segundo dos datos facilitados pola Consellería de Sanidade, o cal eleva a 563 o total de falecidos dende o comezo da pandemia da Covid-19. O número de casos activos pasou de 3.235 a 3.187 na xornada deste sábado, o que supón un descenso do 1,5 por cento.

Dos 3.187 casos activos, 771 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 613 da de Ourense, 186 da de Pontevedra, 773 da área de Vigo, 475 da de Santiago, e 147 da de Ferrol.

Publicidade

Do total de pacientes positivos, 36 permanecen en UCI, 255 están en unidades de hospitalización e 2.896 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.075 persoas curadas.

O número de probas de PCR realizadas  data esta data en Galicia é de 103.116. O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 2,5% do total das persoas residentes.

Publicidade

Na xornada de onte non se produciron falecementos en centros residenciais.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos