Seguen a baixar os casos activos de coronavirus en Galicia ata os 920

Houbo sete novos positivos por PCR nas últimas 24 horas, tres menos que a xornada anterior

A incidencia da pandemia segue a remitir en Galicia, cun novo descenso no número de casos activos. A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 920, deles 225 son da área da Coruña, 60 da de Lugo, 141 da de Ourense, 40 da de Pontevedra, 265 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 836 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.607 persoas curadas.

Publicidade

En total, rexistrarónse 610 falecementos. O último deles corresponde a unha muller de 65 anos que estaba ingresada no CHUS de Santiago de Compostela e presentaba patoloxía previas.

Evolución dos casos diagnosticados por PCR (verde escuro) en Galicia dende o inicio da pandemia.

Respecto a a situación das residencias, aínda hai 190 casos activos, cen deles usuarios e 90 traballadores. Do total de falecidos por coronavirus en Galicia, 271 son residentes destes centros.

Publicidade

Segundo os datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade, se informa de 7 novos enfermos confirmados por PCR en Galicia, tres menos que onte, cando se rexistraron 10 casos novos, o cal fai un total de 9.084 casos diagnosticados por esta proba desde o inicio da pandemia.

Aquí podes consultar os últimos datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro