Extra

O confinamento non cesará ata maio progresivamente e por territorios

O Goberno anuncia a prórroga do estado de alarma ata o 9 de maio e anuncia que se alivará a situación dos menores dende o vindeiro 27 de abril

España supera as 20.000 mortes con 565 novos falecidos en 24 horas

A cifra de falecidos diarios en España baixa ata 565. Son vinte menos que os datos facilitados o venres. Segundo o último balance de...

O número de hospitalizados en Galicia é o menor desde o 27 de marzo

Respecto a onte producíronse 140 novos positivos e 10 falecementos, o que eleva os casos activos aos 6.142 e os falecementos a 415

Nova suba con 585 mortes por coronavirus en 24 horas en España

Hai un incremento de casos positivos polas probas de PCR masivas que xa se están a realizar en todo o Estado

Quen, cando e onde está morrendo pola Covid-19 en Galicia?

Case a metade dos óbitos rexistrados ata o momentos son de persoas residentes en centros de maiores, onde se concentran boa parte dos positivos

Os focos nos centros de maiores fan medrar os novos casos en Galicia

A cifra de 165 novos positivos, o maior aumento desde o pasado sábado, concéntrase en boa parte en residencias da Coruña e Ourense

A cifra de falecidos sobe ata 551 en España nas últimas 24 horas

O balance diario sinala que 19.130 morreron desde o inicio da pandemia, mentres que 182.816 se contaxiaron e 74.797 se curaron

Galicia supera os 6.000 casos activos de Covid-19, cunha mínima suba de positivos

O 44,5% de todas as mortes por Covid-19 en Galicia son de persoas usuarias de residencias de maiores, na maioría dos casos nos propios centros

Lixeiro descenso do número de mortos: 523 en España en 24 horas

Segundo o último balance do Ministerio de Sanidade, 18.579 morreron desde o inicio da pandemia, mentres que 177.633 se contaxiaron

Un estudo preliminar vincula o frío coa maior propagación do SARS-CoV-2

A Aemet e o Instituto Carlos III difunden os primeiros indicios que relacionan as temperaturas baixas coa maior incidencia da enfermidade

Galicia cumpre unha semana de baixada nas hospitalizacións por coronavirus

O luns á noite había 866 persoas ingresadas nos hospitais galegos (133 delas na UCI) fronte ás 1.072 do martes 7 de abril

As mortes por coronavirus soben a 567 nas últimas 24 horas

O balance é de 18.056 falecidos, 172.541 contaxios e 67.504 recuperados

A ocupación nas UCI de Galicia por coronavirus baixa un 25% na última semana

A comunidade rexistra o menor número de positivos das últimas tres semanas (158) e a mínima porcentaxe de persoas atendidas en hospitais

Baixa o número diario de falecidos por coronavirus a 517

As cifras poden estar mediatizadas polo retraso na notificación de mortes durante os festivos da Semana Santa

Medra a cifra de mortos por coronavirus: 619 en 24 horas

En total, os casos confirmados son 166.019, os falecidos 16.972 e máis de 62.000 pacientes recibiron a alta

29 novas mortes por coronavirus en Galicia en 24 horas

O 41 por cento dos 347 falecidos en Galicia coa pandemia vivían en residencias de maiores ou centros de servizos sociais