Medra a cifra de mortos por coronavirus: 619 en 24 horas

En total, os casos confirmados son 166.019, os falecidos 16.972 e máis de 62.000 pacientes recibiron a alta

A cifra de mortes por coronavirus volve medrar en España este domingo, ao sumar 619 falecidos nas últimas 24 horas, lixeiramente por riba das 605 rexistradas o sábado. Porén, as cifras indican unha estabilización á baixa do número de decesos, pero os datos destes días de Semana Santa probablemente estén por baixo da realidade, polos retrasos no cómputo de óbitos por mor dos días festivos. O vindeiro martes será o día clave para axustar esta negra estatística.

En total, os casos confirmados son 166.019, os falecidos 16.972 e máis de 62.000 pacientes recibiron a alta.

Publicidade

China rexistrou un repunte de contagios nas últimas 24 horas, con 99 novos casos fronte aos 46 da véspera, aínda que non se produciu ningunha morte. Un total de 97 positivos detectáronse en viaxeiros procedentes do estranxeiro.

Rusia anunciou o maior repunte diario de casos desde o comezo da pandemia: 2.816 contaxios, segundo o novo balance do Goberno ruso.

Publicidade

Estados Unidos superou este sábado a Italia como o país con máis vítimas mortais do mundo tras rexistrar 783 falecidos nas últimas 24 horas só no Estado de Nova York. No país perderon a vida máis de 20.600 persoas.

Curva acumulada de positivos por coronavirus en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Corea do Sur mantivo durante o sábado as súas cifras de contaxios e falecementos por coronavirus ao rexistrarse só tres mortes e 32 casos máis, unha cifra similar á rexistrada o venres, e destacou a taxa de recuperación do virus no país, que superou o 70%.

O número de casos confirmados en Alemaña sobe a 120.479 despois de que este domingo o Instituto Robert Koch anunciase outros 2.821 novos positivos. Trátase dunha cifra inferior aos 4.133 rexistrados o sábado e marca a segunda caída tras catro días de incremento. O total de mortos elévase a 2.673, con 129 falecidos nas últimas 24 horas.

29 novas mortes por coronavirus en Galicia en 24 horas

Arxentina confirmou este sábado seis novas mortes por Covid-19, e suma xa 89 vítimas mortais. Todos os falecidos nas últimas 24 horas vivían na cidade de Bos Aires ou na provincia homónima, a rexión máis golpeada pola pandemia.

No mundo, máis de 108.800 persoas faleceron polo coronavirus e hai máis de 1,7 millóns de infectados, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Mapa de positivos por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Ministerio de Sanidade amplía o cribado do cancro de mama entre os 45 e 74 anos

As autoridades europeas, os datos achegados polas comunidades e a evidencia científica avalan a extensión das probas a novas franxas de idade

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Incógnitas sobre o hantavirus: as dúbidas ante a posible chegada do cruceiro afectado ás Canarias

O 'MV Hondius' podería afrontar 15 días de illamento en España con traslado dos casos con síntomas compatibles coa enfermidade