29 novas mortes por coronavirus en Galicia en 24 horas

O 41 por cento dos 347 falecidos en Galicia coa pandemia vivían en residencias de maiores ou centros de servizos sociais

Un total de 29 persoas faleceron por coronavirus en Galicia nas últimas 24 horas, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade este sábado, que sinalan o maior número de mortes nunha xornada desde que a Xunta empezou a incluír no cómputo global aos óbitos das residencias.

En total perderon a vida pola pandemia en Galicia 347 persoas, o que supón 13 decesos por cada 100.000 habitantes, fronte aos 35 da media española. Segue reducíndose a cantidade de pacientes ingresados nos hospitais mentres o ritmo de aumento dos contaxios mantense nos niveis máis baixos das últimas semanas.

Publicidade

Nos hospitais galegos están ingresados 859 pacientes polo novo coronavirus, dos que 143 permanecen nas UCIs e 716 nas plantas convencionais. En sete días o número de internados reduciuse nun 20%.

Dezaseis dos 29 novos falecidos vivían en residencias sociosanitarias, ás que corresponden 141 dos mortos pola pandemia en Galicia, o 41% do total.

Publicidade

En total en Galicia hai 7.176 persoas infectadas polo novo coronavirus, 230 máis que a véspera, cun incremento do 3,2%. ESe se desconta a ese total as 347 mortes e as 1.082 altas obtense o número de 5.747 casos activos en Galicia.

1 comentario

  1. Es una pena lamentar los decesos por este virus. Galicia lleva adelante una lucha ardua en la que debe participar cada ciudadano con la observación de los protocolos sanitarios. Valoro este artídulo de muy elevado valor porque contribuye a alertar y orientar a todos. Gracias renovadas. Roberto Vázquez

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro