Seguiremos confinados na mesma situación algunhas semanas máis, pero se relaxarán as medidas para os menores de idade, que a partir do 27 de abril poderán comezar a saír, aínda que de xeito moi controlado. Así o declarou hoxe o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, quen anunciou que pedirá a prórroga do estado de alarma outras dúas semanas ata o vindeiro 9 de maio.
“Neste momento non é posible levantar as medidas de confinamento e pasar á fase dúas de desescalada”, dixo o presidente do Goberno. “Os expertos que asesoran ao Goberno consideran que é posible aliviar un dos supostos do confinamento”, anunciou Sánchez, quen considera que o confinamento dos menores pode ser menos estrito dende o 27 de abril: “Estas saídas van estar limitadas e suxeitas a condicións para evitar contaxios”.
A partir do 11 de maio haberá unha desescalada “cautelosa e progresiva”, dixo Sánchez: “Para iso guiarémonos por unha serie de marcadores que nos van a advertir do nivel de propagación do virus e do vigor do noso sistema de saúde para saber cal é o grao de evolución da pandemia en cada territorio”.
As súas palabras indican que a saída do confinamento será progresiva e por territorios. En función de parámetros sanitarios e científicos van avanzar as medidas de desescalada, pero “se advertimos algún risco pararemos”, dixo Sánchez.
A decisión será territorial pero non por comunidades autónomas. “Haberá medidas diferentes por bisbarras ou por concellos”, dixo Sánchez, quen tamén puxo como exemplo Canarias, onde a illa da Gomera poderá ter unha situación de confinamento diferente a Gran Canaria, por exemplo. Os datos científicos e sanitarios guiarán esta ‘desescalada’
O presidente recordou as seis pautas da OMS para lograr a normalidade:
– Transición controlada e identificadas as persoas infectadas.
– Realizar test ás persoas sospeitosas de estar contaxiadas e localizar aos seus contactos.
– Controlar os lugares con maior risco de infección (hospitais, residencias de maiores).
– Implantarse un sistema de control de persoas doutras zonas para evitar contaxios importados.
– Medidas preventivas en centros de traballo e lugares educativos.
– A poboación debe dispoñer de información completa e cumprir as regras de hixiene e distancia social.















Bien.