Os gromos na Coruña disparan os casos de coronavirus en Galicia

A morte dunha muller de 91 anos en Ourense supón o primeiro falecemento en dous meses

Notable incremento de casos de coronavirus en Galicia, coa área da Coruña na cabeza dos novos positivos. O número de casos activos de Covid-19 en Galicia disparouse este sábado, ata situarse en 533, o que supón un aumento de 89 con respecto ás cifras deste venres. Deste xeito, o país rexistra o seu décimo sexto día consecutivo de subas.

Todas as áreas sanitarias rexistraron subas, pero con gran diferenza a máis marcada foi a da Coruña-Cee, con 69 casos activos máis e un total que se sitúa en 246, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade. Precisamente, este sábado entraron en vigor unha serie de restricións que afectan a esta área sanitaria e son máis estritas, con medidas como o peche do lecer nocturno e reunións limitadas a 10 persoas, todo isto na bisbarra da Coruña, onde hai un brote relacionado cun ximnasio en Arteixo.

Publicidade

A comunidade rexistrou este venres o primeiro falecemento dunha paciente con Covid en case dous meses -o anterior produciuse o 10 de xuño-, o dunha muller de 91 anos que estaba ingresada en Ourense, o que eleva o total de mortos a 620 na Comunidade.

As cifras soben en todas as áreas sanitarias e, do total de casos activos, 81 corresponden á de Vigo -tres máis que o venres-; 79, á de Lugo -sete máis-; 44, á de Pontevedra -un máis-; 40, á de Santiago -cinco máis-; 37, á de Ourense -tres máis-; e seis, á de Ferrol -un máis-.

Publicidade

Hai un paciente máis ingresado na UCI e o total sitúase en tres, mentres que os ingresos en planta en hospitais son 25 -catro máis que este venres- e hai 505 persoas en seguimento domiciliario -84 máis que no parte anterior-.

Os datos de Sanidade amosan que, ata o momento, 11.403 persoas en Galicia están curadas, 22 máis das que constaban este venres, e realizáronse 262.510 PCR, un total de 1.725 máis que onte.

1 comentario

  1. É unha boísima idea de prohibir fumar nas terrazas das cafeterías e bares. As persoas que estamos na terraza non temos que insuflar o fume do fumador. Vai tempo prohibiuse fumar dentro dos bares,cafeterías e restaurantes…e non acabouse o mundo. A saúde das persoas é fundamental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro