A Xunta pecha o lecer nocturno e restrinxe a vida social na área da Coruña

Sanidade teme que se produza transmisión comunitaria ante o avance dos casos positivos por coronavirus

A Xunta de Galicia restrinxe as actividades sociais na área sanitaria da Coruña, pechando todos os locais e actividades de lecer nocturno, prohibindo festas e verbenas e limitando as reunións a un máximo de 10 persoas. Sanidade anunciou que as medidas restritivas afectan aos nos nove concellos da comarca da Coruña, que tampouco poderán celebrar festas nin verbenas. O horario dos bares e restaurantes, ademais, verase restrinxido e estes establecementos só poderán abrir ata a unha da madrugada. Tamén haberá limitacións de aforo ao 50%.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asegurou que o peche do lecer nocturno nos nove concellos a pesar de que algún deles apenas ten casos de coronavirus faise para evitar os desprazamentos dos mozos a outras zonas. As actividades realizadas nos concellos da Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros e Cambre terán ademais un aforo limitado ao 50%. O Goberno galego decidiu, así mesmo, limitar as reunións de persoas non conviventes a 10 individuos no ámbito privado.

Publicidade

As medidas “preventivas” decretadas pola Xunta aplicaranse en eidos diferentes e a área sanitaria A Coruña-Cee tamén estará sometida a unha delas: prohibiranse as visitas nas residencias de terceira idade e procederase a pechar os centros de día. O Diario Oficial de Galicia oublicará estas decisións este mesmo venres, aínda que entrará en vigor esta medianoite e será efectivo no próximos cinco días, momento no que se fará unha revisión da situación.

O luns, o responsabe de Sanidade manterá unha videoconferencia con cada un dos alcaldes dos concellos afectados para falar sobre como evoluciona a situación. O obxectivo das medidas é conter a propagación do coronavirus nos concellos da área coruñesa, xa que a Xunta temía que se producise “transmisión comunitaria”.

Publicidade

A área sanitaria da Coruña e Cee volve sumar hoxe máis casos activos de coronavirus tras reducirse onte a cifra de infectados tras rexistrarse 21 altas que deixaban o total de afectados en 156. Hoxe Sanidade notifica 21 positivos máis e o total de pacientes en fase activa da infección polo coronavirus SARS- CoV-2 alcanza os 177 na área coruñesa.

A Coruña-Cee segue así á cabeza na incidencia da Covid-19 en Galicia, cun total de 444 infeccións activas no conxunto da comunidade galega. No territorio da área sanitaria da Coruña o Sergas vixía a evolución de dous brotes: un, vinculado a un ximnasio de Meicende (Arteixo) con 56 afectados segundo o último balance de Sanidade ofrecido este xoves, e outro, un foco localizado na localidade coruñesa de Vimianzo con polo menos cinco contaxiados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela