O brote de Covid-19 na Mariña suma un positivo e dúas altas

A Consellería de Sanidade destaca que os novos casos detectados cínguense aos contactos que estaban baixo vixilancia, o que reduce o risco de transmisión

A tendencia do brote de Covid-19 nos últimos días na comarca da Mariña parece indicar que a situación se estabiliza. Despois de que desde o venres se detectaran oito positivos, a Consellería de Sanidade confirmou esta mañá que só se detectou un novo caso de infección, cunha porcentaxe “moi baixa” de PCR positivas respecto ao total de probas, arredor do 2%. Alén disto, incidiu a consellería, os “novos positivos detectados están relacionados co brote, o que permite seguir a garantir a trazabilidade dos casos e continuar na mesma estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar canto antes a transmisión e conter o brote”.

Na mañá do luns permanecían activos 185 casos relacionados co brote na comarca mariñá, mentres que xa se concedera a alta a “máis de 30 persoas“, o que situaría os casos totais detectados en preto dos 220 desde o 23 de xuño, cando se coñeceu o primeiro positivo. O rápido crecemento de casos, e o risco dunha transmisión comunitaria descontrolada, levou o día 5 de xullo a decretar o peche de 14 concellos da comarca, que se revisou o pasado venres coa limitación da mobilidade ao municipio de Burela e, por outra banda, a seis concellos do litoral.

Publicidade

A maioría das persoas que permanecen como casos activos están asintomáticas, ou con síntomas leves, e só dúas están ingresadas no hospital de Burela, con evolución favorable. Alén disto, a plataforma de vixilancia do Sergas segue a investigar posibles contactos dos novos positivos que van xurdindo. Con todo, salienta Sanidade que o número de resultados positivos nas probas está baixando de forma notable, desde o 20% no “momento no que se adoptaron as medidas especiais para conter o brote”, ata o 2% dos últimos días.

Casos activos

Como fai diariamente, a Dirección Xeral de Saúde Pública tamén deu conta da situación de casos activos en cada unha das sete áreas sanitarias de Galicia. Dos 262 casos activos, 200 están na área de Lugo (184 vinculados ao brote da Mariña), 24 na da Coruña-Cee, 16 na de Santiago-Barbanza, 6 na de Pontevedra-Salnés, 4 na de Ourense-Verín-O Barco e 1 na de Ferrol. Unha persoa permanece ingresada na UCI, seis en hospitais (2 na Mariña) e o resto, 255, no domicilio. Xa superaron a infección 10.943 persoas, e Galicia suma xa 32 días sen falecementos por mor da Covid-19.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

Madrid, Portugal e EEUU: esta é a procedencia das distintas variantes da covid en Galicia

O grupo de Filoxenómica do CINBIO, pertencente ao consorcio EPICOVIGAL, amosa nun artigo científico a orixe e introdución de alfa, delta e ómicron na comunidade galega

Gripe aviaria, mpox, chikungunya… Cal será a próxima pandemia?

O epidemiológo Juan Gestal analiza as posibles ameazas para a saúde pública cinco anos despois do estoupido da covid